Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-188).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 29 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado delimitación e fixación do sistema de compensación da U.A. nº 29, sita en Mera-Serantes. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da Lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos

interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 14 de marzo de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

2564