Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de mineral natural das augas procedentes do manancial denominado Agro Longo.

En cumprimento do disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Industria, do 20 de xuño de 1996, pola que se formula a declaración da condición de mineral natural das aguas do manantial Agro Longo, sito no predio coñecido como Agro Longo, parroquia de Santa Cruz de Serén, concello de Friol (Lugo), instado por Alfredo Trabado Otero, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 12 de agosto de 1996.

Serafín Núñez Ramos

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Vista a solicitude de declaración de mineral natural das augas procedentes do manancial denominado Agro Longo, sito no predio denominado Agro Longo, parroquia de Sta. Cruz de Serén, concello de Friol (Lugo), instado por Alfredo Trabado Otero.

Resultando que o Instituto tecnolóxico e xeomineiro de España e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, emiten informe favorable sobre a condición de mineral natural das citadas augas.

Vistos a Lei de minas, do 21 de xullo de 1973, o Regulamento xeral do réxime da minería, do 25 de agosto de 1978, o Real decreto 1164/1991, de regulamentación técnico sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebidas envasadas, e a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando que esta consellería é competente para a resolución do presente expediente, de acordo co Estatuto de Autonomía de Galicia, o R.D. 2563/1982, do 24 de xullo, os decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reformada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, modificada polo Decreto 15/1990, do 6 de febreiro, en relación coa vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o Real

decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron tódolos preceptos regulamentarios contidos no artigo 39 do regulamento anteriormente citado e demais normativa de pertinente aplicación.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Industria, declara expresamente a condición de mineral-natural das augas do manancial Agro Longo, sito no predio denominado Agro Longo, parroquia de Sta. Cruz de Serén, concello de Friol (Lugo).

Esta declaración de auga mineral natural queda condicionada ó cumprimento de tódolos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e no Real decreto 1164/1991, do 22 de xullo, polo que se aproba a regulación técnico sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas, e revocarase no suposto de comprobarse o incumprimento das esixencias impostas pola regulación mencionada para este tipo de augas.

De acordo coa normativa vixente, logo do aproveitamento das augas obxecto da presente declaración, o interesado deberá acredita-lo cumprimento do apartado 1.3 do anexo II do Real decreto antes citado.

A Delegación Provincial de Industria en Lugo fará a oportuna notificación ó interesado, o cal poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó que teña lugar a presente notificación, conforme ó disposto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2041