Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997 pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Melide e Vila de Cruces, con anexos V-7020; XG-394.

Ó abeiro do establecido nos artigos 78, 79 e 80 do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, a empresa Autobuses de Melide, S.L., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Melide e Vila de Cruces, con anexos, solicita ampliación de tráficos dentro da dita concesión mediante a incorporación a ela dos seguintes anexos: Gandareira-Mourazos, Melide-Florida, Quintela-Rendos e Maniño-Melide.

Este expediente de modificación concesional deberá incorporarse ó expediente de substitución

da citada concesión que se encontra en trámite na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses) e no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3477