Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.363

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (22/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 22/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco Central Hispanoamericano contra Miguel Ángel Maza Bautis, María del Carmen Bautis Calviño e José Maza Nallo, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e polo termo de 20 días os bens que logo se dirán, sinálase que para o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 22 de xullo de 1997 ás 10.15 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500-17-002295, unha cantidade igual, polo menos, o 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán examinalos, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante, as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 23 de setembro de 1997, ás 10.15 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 21 de outubro de 1997, ás 10.15 horas, a súa poxa celebrarase sen suxeición a tipo e quen desexe tomar parte nela deberá consignalo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Inmoble número 1. Urbana sita no lugar de Solláns, parroquia de Calo, municipio de Teo. Casa sinalada co número 45, de planta baixa e piso alto cun alpendre pegado polo leste e terreo anexo dedicado a curral, que todo iso ocupa a extensións duns cento sesenta metros cadrados, dos que cincuenta corresponden á casa, vintecinco ó alpendre e o reseto ó terreo. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio número 19.122, folio 72 do libro 180 de Teo, tomo 547.

Inmoble número 2. Rústico: predio co número 415 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo, municipio de Teo, terreo dedicado a labradío, no sito de Horta Nova, sita no lugar de Solláns, parroquia de Calo, municipio de Teo, inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio número 9.317, folio 241 do libro 99, de Teo, tomo 410.

Valor do inmoble número un: 8.950.000 ptas.

Valor do inmoble número dous: 1.500.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3202