Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das asistencias técnicas de clave N/LU/95.1 e dous máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-221, treito Palas de Rei-Monterroso.

Clave: N/LU/95.1

Orzamento: catro millóns seiscentas trece mil duascentas noventa e sete pesetas (4.613.297).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, será efectuada por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas, ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.

2. Asistencia técnica, redacción do proxecto de acondicionamento do corredor central, treito Escairón-Monforte IV.

Clave: N/LU/85.2.1.5

Orzamento: once millóns oitocentas catorce mil oitocentas corenta e catro pesetas (11.814.844).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada LU-132, treito Trabada-Vilafernando.

Clave: N/LU/89.1.2

Orzamento: catro millóns catrocentas seis mil duascentas trinta e sete pesetas (4.406.237).

Prazo de execución: 3,5 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, será efectuada por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións

públicas, ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3110