Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de ataúdes.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de fabricantes de ataúdes (código nº 3200045) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 21-2-1997, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Fabricantes de Ataúdes e, da parte social, polas centrais sindicais Femca-UXT e CC.OO, todas elas con lexitimidade suficiente para asinar este, en reunión celebrada o día 14-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial para o sector de fabricantes de ataúdes de Ourense 1997

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio aplicarase a tódalas empresas que domiciliadas na provincia de Ourense, se dediquen á fabricación de ataúdes e a cantas poidan establecerse durante a vixencia do dito convenio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a todo o persoal obreiro e subalterno, incluídos no ámbito territorial e funcional, tanto fixo como interino e eventual. Quedan excluídos os axentes comerciais libres.

Artigo 3º.-Entrada en vigor.

As estipulacións do presente convenio entrarán en vigor o día da súa sinatura. Non obstante, os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1997.

O convenio entenderase prorrogado tacitamente de ano en ano, mentres non sexa denunciado por calquera das partes cunha antelación mínima de 3 meses ó vencemento do prazo de duración pactado ou de calquera das súas prórrogas. A denuncia deberá facerse mediante comunicación escrita á outra parte na que se fará consta-la representación que ostenta e as materias obxecto de negociación.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio finalizará para tódolos efectos o 31 de decembro de 1997, manténdose o articulado ata a sinatura dun novo convenio.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio será compensadas e absorvidas ata onde alcance o cómputo anual con aqueloutras melloras que teñan establecidas as empresas ou que se dispoñan por disposición legal agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais será para todo o persoal de 31 días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito. Desfrutaranse desde o día 1 de agosto ó 31 de agosto agás acordo entre partes.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses á data das vacacións.

A retribución que se vai percibir por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano, terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle realice a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para efectos do devengo de vacacións, considerase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por finalización de contrato.

Artigo 7º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica e polo tempo que se sinala:

A. Morte de pais, fillos, netos e irmáns, concederase un permiso de 3 días naturais.

B. Por morte do cónxuxe: 7 días naturais.

C. Por morte de pais políticos: 2 días naturais.

D. Por falecemento de avó, tío, tía, sobriños, irmáns políticos: 2 días naturais de permiso. No caso de tíos políticos: 1 día natural de permiso.

E. Por morte de avós políticos e curmáns: 1 día natural de permiso.

F. Por nacemento de fillos: 4 días naturais de permiso. Estes permisos estableceranse sen prexuízo do previsto no Estatuto dos traballadores e serán retribuídos polo mesmo importe do salario base máis antigüidade.

G. Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

H. Por matrimonio: 15 días naturais.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A duración da xornada laboral de traballo efectivo no presente convenio colectivo será no ano 2000 de 1.780 horas. En consecuencia e debido a adaptación prevista no convenio xeral da madeira, as xornadas laborais de traballo ata o ano 2000 serán as seguintes:

1997: 1.792 horas.

1998: 1.788 horas.

1999: 1.784 horas.

2000: 1.780 horas.

As ditas xornadas consideraranse de traballo efectivo.

Artigo 9º.-Calendario laboral.

Para axusta-lo calendario laboral á xornada anual para 1997, fíxanse como días libres aboables e non recuperables os seguintes: 2 de maio, 9 e 10 de setembro e 24, 26 e 31 de decembro, agás acordo entre empresa e traballadores os cales poderán convi-la fixación doutros distintos.

As empresas confeccionarán o calendario laboral de acordo cos representantes dos traballadores, nos prazos e condicións establecidas na lexislación vixente.

Artigo 10º.-Situación de incapacidade laboral transitoria.

Será de aplicación neste aspecto o previsto no artigo 86 da Ordenanza laboral para as industrias da madeira en canto ó complemento da indemnización económica. O persoal que cause baixa por ILT con motivo de accidente laboral, percibirá o 100% do seu salario. O dito complemento aplicarase ós casos de accidente laboral incluído o in itínere e para o caso de hospitalización e mentres dure o tempo efectivo de hospitalización.

A empresa complementará ata o 100% a retribución das pagas extras durante os períodos de IT.

Artigo 11º.-Retribucións.

Estipúlase un sistema de retribucións consistente en:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Artigo 12º.-Salario base.

Será o que figura na táboa anexa do presente convenio.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e do 20 de decembro e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do día 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 14º.-Antigüidade.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando por tanto suprimido.

Non obstante, os traballadores que tivesen xerado ou xerasen antes do 1 de xaneiro de 1997 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, non sendo absorvible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calcularase o equivalente a 8 anos (isto é, segundo o criterio da antiga ordenanza laboral 1 quinquenio máis tres quintas partes doutro quinquenio), das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade do convenio.

A contía resultante dividirase entre cinco.

A cantidade resultante de efectua-la operación anterior será a que se engadirá ó importe anual do salario base durante os catro primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1997, 1998, 1999 e 2000 será a seguinte:

Encargado xeral: 2.150 ptas./mes.

Encargado de producción: 2.150 ptas./mes.

Oficial trazador: 2.150 ptas./mes.

Oficial 1ª: 2.114 ptas./mes.

Oficial 2ª: 2.089 ptas./mes.

Axudante: 2.019 ptas./mes.

Peón especialista: 2.004 ptas./mes.

Peón: 1.998 ptas./mes.

Pulimentador: 2.114 ptas./mes.

Terminador: 2.114 ptas./mes.

Menores de 18 anos: 1.340 ptas./mes.

Conductor de 1ª: 2.114 ptas./mes.

Conductor de 2ª: 2.089 ptas./mes.

Garda ou vixilante: 1.998 ptas./mes.

En canto ó valor do quinquenio consolidado, será o seguinte:

Encargado xeral: 5.375 ptas./mes.

Encargado de producción: 5.375 ptas./mes.

Oficial trazador: 5.375 ptas./mes.

Oficial 1ª: 5.285 ptas./mes.

Oficial 2ª: 5.224 ptas./mes.

Axudante: 5.048 ptas./mes.

Peón especialista: 5.008 ptas./mes.

Peón: 4.996 ptas./mes.

Pulimentador: 5.285 ptas./mes.

Terminador: 5.285 ptas./mes.

Menores de 18 anos: 3.351 ptas./mes.

Conductor de 1ª: 5.285 ptas./mes.

Conductor de 2ª: 5.224 ptas./mes.

Garda ou vixilante: 4.996 ptas./mes.

Artículo 15º.-Pezas de roupa de traballo.

O pesoal masculino será dotado polas empresas de fundas e o persoal feminino de dúas batas, con duración dun ano en ámbolos dous casos. Así mesmo, serán dotados de luvas e máscaras segundo determina a Ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

A data de entrega das dúas pezas será no mes de xullo.

O uso da roupa de traballo asignada será de obrigatorio cumprimento para o traballador.

Artigo 16º.-Desgaste de ferramentas.

O importe deste complemento cando proceda será de 391 ptas. á semana, para os profesionais especialistas e de 190 ptas. para os aprendices. Á empresa corresponderalle optar entre pagar este complemento ou facilita-las ferramentas.

Artigo 17º.-Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria composta polas empresas que constitúen a comisión negociadora do convenio e cunhas funcións que serán as seguintes:

A. Interpretación das cláusulas do presente convenio.

B. Arbitraxe das cuestións que se deriven da aplicación do presente convenio.

C. Vixilancia e cumprimento do pactado.

D. Cantas outras actividades tendan a unha mellor efectividade práctica do pactado, para o cal se acorda que a dita comisión se reúna con carácter ordinario mensualmente, co obxecto de estudia-las cuestións que lle serán sometidas por calquera dos afectados no ámbito de aplicación do presente convenio.

Serán integrantes da comisión paritaria os membros da parte social e empresarial que forman parte da comisión negociadora do presente convenio.

Esta comisión poderá ser asistida dos asesores que consideren convenientes calquera das partes representadas nela.

Artigo 18º.-Absentismo.

As partes asinantes do convenio recoñecen o grave problema que supón o absentismo laboral e entenden que a súa reducción implica tanto un aumento da presencia do traballador no posto de traballo como a correcta organización da medicina da empresa e da Seguridade Social xunto coas condicións de seguridade e hixiene e ambiente de traballo para unha efectiva protección da saúde física e mental dos traballadores, polo que se comprometen as partes asinantes a través da comisión mixta paritaria a busca-las causas que favorecen o absentismo e tratar de reducilas, mediante medidas e estudios pertinentes.

Artigo 19º.-Garantías sindicais.

Haberá que aterse ó disposto, respecto ás garantías sindicais dos representantes dos traballadores na empresa, así como a lexislación laboral vixente para esta materia.

Artigo 20º.-Xubilación.

Os traballadores que reúnan as condicións precisas poderán pactar coas empresas a xubilación anticipada ós 64 anos, de conformidade co establecido no acordo nacional de emprego e no Real decreto 2075/1981, do 19 de outubro, e demais lexislación complementaria que o desenvolve. Establécese un premio de xubilación anticipada en función da idade en que a solicite o traballador, consistente nas indemnizacións seguintes:

Ós 60 anos: 5 mensualidades.

Ós 61 anos: 4 mensualidades.

Ós 62 anos: 3 mensualidades.

Ós 63 anos: 2 mensualidades.

Ós 64 anos: 1 mensualidad.

Este premio de xubilación e incompatible coa xubilación anticipada á que se refire o primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio consideran que a reducción das horas extraordinarias é unha vía adecuada para a creación de emprego e coincidiron na conveniencia de reducilas.

Poderanse realizar horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e estructurais, entendendo estas últimas como as necesarias en períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de carácter estructural derivadas da natureza do traballo de que se trate ou do seu mantemento.

Todo isto sempre que non poidan ser substituídas por contratación temporal ou a tempo previstas na lei. A realización das ditas horas será notificada mensualmente á autoridade laboral conxuntamente pola empresa ou os delegados de persoal, se é o caso.

Tamén co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave para efectos do disposto no artigo 57 do Estatuto dos traballadores.

O prezo da hora extraordinaria será de 1.300 ptas. para tódalas categorías.

Artigo 22º.-Horario.

O horario para as empresas do sector, agás acordo expreso entre partes será de 9 horas a 13 horas pola mañá e de 14.30 a 18.30 horas pola tarde.

Artigo 23º.-Póliza de seguros.

As empresas deberán concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes continxencias.

Accidente laboral ou común, con resultado de morte: 2.000.000 de ptas.

Accidente laboral ou común, con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 3.500.000 ptas.

Para o persoal de nova incorporación a póliza de seguros deberá concertarse no prazo dun mes, a partir da contratación do traballador.

Artigo 24º.-Revisión médica.

Para ter dereito á retribución por asistencia médica, será necesario presentar cuberto polo médico o parte que para tal efecto confeccionará a empresa.

O presente artigo será motivo de revisión para o convenio de 1998.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán contrata-los servicios adecuados para realizar unha revisión médica ó ano para os seus traballadores. Así mesmo, os traballadores terán dereito a permiso retribuído para acompañar ó seu cónxuxe e fillos, no caso de enfermidades graves deles, logo do xustificante

da Seguridade Social. O presente artigo terá vixencia exclusiva dun ano, podendo revisarse, modificarse ou retirarse do convenio en función de que se produciran ou non abusos como consecuencia da aplicación del durante 1997 e unha vez que se constaten as ditas circunstancias na negociación do próximo ano.

Artigo 25º.-Retribución de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media , académica ou profesional relacionada co posto de traballo que vai desempeñar.

O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito e figurar nel, de modo claro, a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso, se poderán realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxicas, penosas ou perigosas ou nocturnas. Tamén estarán prohibidas a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador, cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22.

A. A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B. Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses podendo prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de seis meses.

C. Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, de ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racial.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa, deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que percibirá o aprendiz será do 75%, 85% e 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio, durante o primeiro, segundo o terceiro ano do contrato respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formulación teórica e práctica adquirida, en que constará a duración dela.

Disposicións adicionais

Primeira.-No non previsto no presente convenio colectivo haberá que aterse ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o convenio estatal da madeira asinado o 21 de marzo de 1996 entre as centrais sindicais UGT e CC.OO e a representación patronal Cenemac, como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non recollidas no presente convenio provincial e que afecten ás empresas e traballadores do correspondente ámbito territorial.

Segunda.-Incremento salarial. As táboas retributivas para os anos 1997 e 1998 incrementaranse no IPC oficial dos últimos 12 meses precedentes ó 31 de decembro dos anos indicados, ós que se lle engadirá ademais a parte correspondente á compensación por supresión da antigüidade e o rateo do pagamento de marzo que desaparece como tal.

Par 1997 o incremento salarial será do 3,2%.

Terceira.-O rateo da paga de marzo (10 días) supón para o traballador segundo a súa categoría profesional as seguintes cantidades:

Encargado xeral: 2.472 ptas./mes.

Encargado de producción: 2.472 ptas./mes.

Oficial trazador: 2.472 ptas./mes.

Oficial 1ª: 2.429 ptas./mes.

Oficial 2ª: 2.401 ptas./mes.

Axudante: 2.320 ptas./mes.

Peón especialista: 2.302 ptas./mes.

Peón: 2.297 ptas./mes.

Pulimentador: 2.429 ptas./mes.

Terminador: 2.429 ptas./mes.

Menores de 18 anos: 1.541 ptas./mes.

Conductor de 1ª: 2.429 ptas./mes.

Conductor de 2ª: 2.401 ptas./mes.

Garda o vixilante: 2.297 ptas./mes.

Para este ano 1997 exclusivamente os traballadores terán dereito a percibi-la paga de marzo (10) días por canto a ela corresponde á devengada ó longo de 1996.

O presente convenio axustarase ó sinalado no Acordo xeral da madeira asinado entre UGT, CC.OO. e Conemac en tanto en canto non sexa revogado por sentencia do Tribunal Supremo ou Tribunal Constitucional, por encontrarse el mesmo recorrido.

No suposto de que o mencioando acordo xeral da madeira fose revogado ou declarado nulo polo Tribunal Supremo ou Constitucional, as partes asinantes do presente convenio acordan reunirse para tratar de forma específica e dar unha solución negociada ás cantidades aboadas polas empresas en concepto de compensación da antigüidade que segundo o mencionado acordo

xeral da madeira debería quedar conxelada no prazo de cinco anos.

Disposición transitoria

Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a dous meses desde a súa publicación no BOP.

Cláusula de sumisión ó AGA

Ante a importancia que poida te-la resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia, e as organizacións sindicais UGT, CC.OO e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que estén formulados.

Táboa salarial

CategoríaSalario mes

Encargado xeral109.666 ptas.
Encargado de producción109.666 ptas.
Oficial trazador109.666 ptas.
Oficial 1ª107.803 ptas.
Oficial 2ª106.559 ptas.
Axudante102.962 ptas.
Peón especialista102.177 ptas.
Péon101.915 ptas.
Pulimentador107.803 ptas.
Terminador107.803 ptas.
Menores de 18 anos68.357 ptas.
Conductor de 1ª107.803 ptas.
Conductor de 2ª106.559 ptas.
Garda ou vixilante101.915 ptas.

2610