Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Esta alcaldía, por decreto do día de hoxe, resolveu aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións en parcela sita na rúa Pedreiras, esquina a rúa ambulatorio desta villa, por instancia de DIASA.

A dita resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 15 de abril de 1997.

Manuel Varela Rey

Alcalde

97-3469