Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Formulado o avance de planeamento para a revisión e adaptación do plan xeral de ordenación deste concello, que foi sometido a coñecemento do Pleno municipal en sesión celebrada o día 10 de abril de 1997, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

O documento pódese examinar nos locais municipais habilitados para o efecto sitos en Vilaboa-Rutis, edificio Mirador, entrada por r/ Domingo Sierra Marcuño nº 1.

Culleredo, 25 de abril de 1997.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

2459