Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

Aceptada pola deputación provincial a delegación para o exercicio de competencia en materia de xestión tributaria e recadatoria do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, faise público, en cumprimento do artigo 7 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais, que o Pleno do Concello, en sesión celebrada o 21 de xaneiro de 1997, acordou elevar a definitivo o acordo provisional adoptado con data do 27 de novembro de 1996, que ten o seguinte texto:

1º. Delegar na Deputación Provincial da Coruña a xestión e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, de conformidade co previsto no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e co establecido no artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

2º. Solicitarlle á deputación provincial a ampliación do convenio vixente, asinado o 14 de decembro de 1992, incluíndo nel, xunto coas delegacións que afectan a outros impostos, a xestión e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

3º. Ratifica-lo devandito convenio vixente de delegación de competencias en materia de xestión tributaria e recadatoria en tódalas súas cláusulas.

4º. Acepta-lo marco de prestación delegada dos servicios de xestión tributaria, incluída a recadatoria, creado pola deputación provincial polos seus acordos plenarios na materia e aceptar, en consecuencia, o contido de tódolos instrumentos xurídicos que rexerán a dita prestación.

5º. Tramitar este acordo, de conformidade cos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais.

6º. Faculta-lo alcalde para a sinatura do convenio e de cantos documentos sexan precisos, así como para a execución dos actos que se requiran para levar a cabo este acordo.

Brión, 21 de marzo de 1997.

José Luis García García

Alcalde

97-3446