Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de actividades incluídas no Programa de Desenvolvemento Xitano.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: As97/3.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de actividades incluídas no Programa de Desenvolvemento Xitano.

Prazo de execución: ata o 31 de novembro de 1997.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 2% do custo de cada actividade que figura no anexo ó prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1.2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono (981) 18 42 19. Fax (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. C) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta Económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presente... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación de prestación do servicio de actividades incluídas no Programa de Desenvolvemento Xitano».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de febreiro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2458