Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto dunha planta para o tratamento de residuos sanitarios biocontaminados, promovido pola empresa Uralita Tratamientos, que se vai instalar no polígono industrial de Espírito Santo, no termo municipal de Sada (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 113 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise público o acordo da Comisión Galega do Medio Ambiente, do 6 de febreiro de 1997, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto dunha planta para o tratamento de residuos sanitarios biocontaminados, promovido pola empresa Uralita Tratamientos que se vai instalar no polígono industrial de Espíritu Santo, no termo municipal de Sada (A Coruña), que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 24 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental, con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización, ou, se é o caso, a autorización da obra, a instalación ou actividade, das abranguidas no anexo da devandita disposición.

A Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente recibiu o 19 de xullo de 1996 o proxecto de referencia, para a súa tramitación conforme o establecido no Decreto 442/1990, antes citado.

En virtude do establecido no artigo 5.2º do mencionado decreto someteuse ó trámite de información pública co proxecto mediante Resolución do 1 de outubro de 1996 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 206, do 21 de outubro de 1996.

Así mesmo foron consultados os seguintes organismos:

* Grupo de Traballo de Residuos Sanitarios da Comisión Galega do Medio Ambiente.

No citado trámite de información pública presentaronse escritos de alegacións por parte de:

* Concello de Cambre.

* Agrupación Socialista de Cambre do PSdeG-PSOE e Grupo Municipal Socialista do Concello de Cambre.

* Veciños do concello de Bergondo.

* Veciños do concello de Sada.

No anexo I inclúese un resumo do proxecto.

No anexo II inclúese o resumo dos informes emitidos polos organismos consultados.

No anexo III inclúese un resumo das alegacións presentadas.

Unha vez avaliado o proxecto técnico, o estudio de avaliación de impacto ambiental e a documentación relacionada co proxecto, a Comisión Galega do Medio Ambiente, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 442/1990, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto denominado planta para o tratamento de residuos sanitarios biocontaminados, promovido pola empresa Uralita Tratamientos.

O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Industria e Comercio, e o órgano ambiental a Comisión Galega de Medio Ambiente.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación presentada, a Comisión Galega do Medio Ambiente establece pola presente declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minorización dos posibles efectos ambientais negativos,

co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

1. Consideracións preliminares.

O proxecto promovido por Uralita Tratamientos ten como finalidade a esterilización mediante vapor dos residuos sanitarios biocontaminados en Galicia.

1.1. A presente declaración de impacto ambiental refírese á planta de tratamento de residuos sanitarios biocontaminados promovida por Uralita Tratamientos que se vai instalar na seguinte situación:

-Parcela nº 168 do polígono industrial Espírito Santo, no termo municipal de Sada.

Para o desenvolvemento desta actividade en calquera outra situación será necesaria unha nova declaración de impacto ambiental.

1.2. O promotor deberá te-la autorización de xestor de residuos tóxicos e perigosos, así como utilizar camións autorizados para o transporte de tales residuos pertencentes ó grupo 6 do Regulamento de transporte de mercadorías perigosas por estrada (TPC). A identificación dos residuos realizarase do xeito indicado no Real decreto 833/1988.

1.3. O promotor deberá garantir documentalmente o destino final que se lle dará ós residuos clasificados como citotóxicos, presentando previamente a autorización de funcionamento da actividade un compromiso de recollida e eliminación destes por un xestor autorizado. Para os efectos do traslado destes residuos entre esta planta e o xestor final deles, o promotor observará o disposto pola Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos, e o Real decreto 833/1988.

2. Sobre o deseño da instalación.

2.1. A planta deberá dispor de instalacións illadas entre si para descarga dos contedores con residuos e carga dos contedores limpos para expedir cara ó centro sanitario.

Tódalas pezas e mecanismos da instalación susceptibles de mal funcionamento, avaría ou rotura que supoña a paralización total ou parcial desta deberán estar duplicadas ou, pola contra, existir repostos in situ delas que permitan a súa substitución nun prazo de tempo o máis curto posible, co fin de evitar excesivas dilacións no tratamento dos residuos.

3. Medidas correctoras e de protección ambiental.

a) Sobre os residuos sólidos.

a.1. Os residuos procedentes da explotación da instalación serán analizados de conformidade co exposto no estudio de impacto ambiental, para comproba-la súa desclasificación como residuos tóxicos e perigosos, e, naqueles casos nos que os residuos non estean satisfactoriamente tratados, deberán ser introducidos na unidade de tratamento. Naqueles casos nos que se garanta a desclasificación dos residuos como RTP, estes recuperaranse ou eliminaranse

de acordo c indicado nas Directivas 75/442/CEE (Lei 42/1975, do 19 de novembro, de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos e Real decreto lexislativo 1163/1986, do 13 de xuño, polo que se modifica a Lei 42/1975), e 91/689/CEE (sen transpoñer á lexislación do Estado).

a.2. O funcionamento da instalación deberá, en tódolos casos, evita-la presencia de material non esterilizado á saída dela. O promotor deberá, antes da posta en funcionamento da instalación, establece-las medidas técnicas e de deseño suficientes que garantan a desclasificación dos residuos.

Os residuos, no caso da súa desclasificación, manteranse á parte, e, co fin de facilita-la súa recuperación ou eliminación, aplicaranse as tecnoloxías apropiadas. O transporte e/ou almacenamento temporal dos residuos realizarase en contedores pechados hermeticamente e almacenaranse nun edificio pechado e de acceso restrinxido ata o momento da súa eliminación. Este edificio deberá ser diferente ó do almacenamento de contedores que se encontran en espera de ser tratados en planta.

b) Sobre o nivel sonoro ambiental.

b.1. Sobre ruídos e vibracións prohíbese a superación de 70 dB (A) no exterior da instalación, a edificación na que se instale a planta estará obrigada a instalar elementos illantes tales como muros, tabiques, falsos teitos, etc., de tal forma que non se excedan os 70 dB (A) no dito ambiente exterior.

b.2. No interior da actividade deberán adoptarse aquelas condicións que establece o Real decreto 1316/1989, di 27 de outubro, sobre medidas de protección dos traballadores fronte ós riscos derivados da exposición ó ruído.

c) Sobre os riscos líquidos.

c.1. Os residuos líquidos que se poidan producir durante a operación da planta serán almacenados independientemente e sometidos a análise unha vez tratados na instalación deseñada para tal efecto. Esta instalación deberá estar axeitadamente deseñada para poder tratar escapes accidentais de residuos hospitalarios líquidos que poidan producirse na planta. Deberá solicitarse autorización ó órgano competente en materia de xestión do dominio público hidráulico para os eu vertido a leito público, se é o caso.

O sistema de tratamento de augas residuais deberá realizarse mediante proceso diferente do de cloración, polo que o promotor, previamente á autorización de funcionamento da planta de tratamento, deberá presentar perante o órgano ambiental para a súa aprobación, un proxecto de planta de tratamento cun sistema de tratamento que permita acada-los parámetros definidos na táboa I do Real decreto 849/1986, polo que se desenvolve o Regulamento do dominio público hidráulico.

c.2. Existirá unha rede de drenaxe de augas pluviais que evite o seu contacto coa zona de operación, independente do sistema de tratamento de augas residuais.

d) Sobre a calidade do aire.

Segundo o anexo II do apartado 3.1.1. do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, que desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico, esta instalación corresponde ó grupo C do catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera.

Esta instalación deberá realizar, polo menos unha vez ó ano e segundo o programa de autocontrois aprobado pola Dirección Xeral de Industria, comprobación, por unha empresa colaboradora da Administración, de que cumpre cos parámetros de emisión lexislados:

SO1.700 mg/mN

CO1.455 ppm

Opacidade (Bacharach)2

4. Sobre as instalacións.

A edificación ou edificacións nas que se vai instala-lo sistema de esterilización deberá contar con:

a) Almacén de residuos biosanitarios proporcional á capacidade de xestión da planta e que reúna as seguintes condicións:

* Destinado a esta finalidade.

* Pechado e de acceso restrinxido. Deberá evitarse, mediante un sistema de depresión interna e renovación do aire a través de equipos de filtración axeitados, a posibilidade de contaminación do exterior por emisións á atmosfera no caso de rotura ou baleirado dun contedor estanco.

* Dotado con luz eléctrica, auga corrente e sumidoiro. A instalación de auga deberá incluír un depósito de seguridade que garanta e que no caso de rotura e/ou baleirado dun contedor, os vertidos del non afectarán ó exterior das instalacións. O contido do depósito de seguridade deberá ser analizado antes do seu baleirado ó sistema de tratamento de augas residuais.

* Tanto o solo como as paredes acondicionaranse de forma que se garanta unha axeitada limpeza e desinfección.

* O tempo máximo de almacenamento dos residuos será de dous días para os residuos non refrixerados e de sete días para os mantidos a temperatura non superior a 5ºC, polo que deberá posuír unha cámara frigorífica para o caso de que se queiran mante-los residuos almacenados por tempos superiores ós dous días.

* Os residuos deberán atoparse en todo momento dentro de contedores herméticos que garantan a súa estanqueidade e a imposibilidade de manipulación do interior por ningún axente externo. Deberase redactar un procedemento de emerxencia para a eventualidade de rotura e baleirado dun dos contedores. O devandito procedemento deberá ser sometido a aprobación polo órgano ambiental.

b) Laboratorio para realiza-las análises de control dos residuos tratados e das augas residuais producidas.

5. Plan de vixilancia ambiental.

Ademais do especificado no estudio de avaliación ambiental presentado, o promotor deberá remitir ó órgano substantivo e o órgano ambiental, se é o caso, a seguinte documentación:

5.1. Residuos.

5.1.1. O promotor remitirá ó órgano substantivo os documentos de control e seguimento e o preaviso de traslado dos residuos de acordo coa lexislación vixente en materia de residuos tóxicos e perigosos. (Real decreto 833/1988).

5.2. Realizarase, por parte dunha entidade colaboradora coa Administración, tódolos controis escritos no EIA relativos ó mantemento e inspección das instalacións, e, en especial, as revisións e comprobacións do correcto funcionamento dos equipos e elementos de control do proceso de esterilización e dos dispositivos de seguridade. O informe correspondente a estes controis remitirase anualmente ó órgano substantivo e ó órgano ambiental.

5.3. Controlarase na correspondente arqueta de rexistro, a calidade dos efluentes que se incorporan á rede de saneamento. Para isto, a partir do inicio da actividade, efectuarase, durante os tres primeiros meses, unha mostraxe quincenal das características microbiolóxicas das augas, residuais vertidas, pH e temperatura, e mensualmente o resto dos parámetros de vertido. Este informe remitirase mensualmente ó órgano ambiental e ó órgano substantivo. Despois dos primeiros tres meses, a mostraxe realizarase trimestralmente, remitíndose os resultados das análises ó órgano ambiental e ó órgano substantivo semestralmente.

6. Condicións adicionais.

6.1. O titular da instalación queda obrigado a conservar cinco anos os documentos de control e seguimento. Estes datos terán que reflectirse nun libro de rexistro, que se manterá permanentemente actualizado e á disposición das autoridades competentes.

6.2. O promotor deberá fixa-los procedementos de descarga da instalación en caso de emerxencia, ben sexa total ou parcial, e o destino dos materiais obtidos nesta descarga, materiais que serán en todo momento considerados como RTP. O procedemento deberá ser aprobado polo órgano ambiental previamente á autorización da actividade.

6.3. O promotor deberá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas contidas nesta declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles casos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, modificacións importantes na actividade industrial ou os avances tecnolóxicos permitan mellores solucións. Nestes casos o promotor solicitarallo á Comisión do

Medio Ambiente achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas, que en todo caso deberán permitir acada-los obxectivos e fins indicados na presente declaración.

Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo ó promotor.

6.4. Os prazos para a remisión dos estudios complementarios previstos nesta declaración fixaranse no apartado 6 Plan de Vixilancia Ambiental.

6.5. O presente acordo non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios dos organismos competentes para levar a cabo a actividade.

6.6. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente da Comisión galega do Medio Ambiente

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión galega do Medio

Ambiente

ANEXO I

Resumo do proxecto

A planta ten como finalidade o tratamento dos residuos biocontaminados, mediante a súa esterilización en autoclave de gran capacidade, por medio de vapor saturado a alta temperatura.

Está situada no termo municipal de Sada, provincia da Coruña, na parcela 168 do polígono industrial de Espírito Santo, situado á beira da estrada N-VI a 12 km da Coruña.

A capacidade de tratamento anual e de 1.900 t, cunha capacidade de esterilización de 405 kg/h. Prevese un cadro de persoal de 8 persoas, traballando en dúas quendas continuadas.

A planta consta das seguintes zonas:

* Zona de recepción e almacenamento de contedores. Consta dunha cámara frigorífica na que se almacenarán os contedores ata os eu tratamento.

* Zona de esterilización, onde se sitúa a autoclave que realizará a esterilización dos residuos.

* Muíño de trituración dos residuos esterilizados.

ANEXO II

Informes emitidos polos organismos consultados

O Grupo de Traballo de Residuos Sanitarios creado por acordo da Comisión Galega do Medio Ambiente do 14 de febreiro de 1996, indicando que a declaración de impacto ambiental deberá indicar que o promotor garantirá documentalmente o destino final dos citostáticos que recolla. A planta deberá dispor de instalacións independentes e illadas entre si para descarga dos contedores con residuos e carga dos contedores limpos para expedir cara ós centros sanitarios, se é o caso.

ANEXO III

Alegacións presentadas

* Concello de Cambre: ó estares situada a meirande parte do polígono industrial de Espírito Santo no concello de Cambre, considérase afectado pola instalación da planta e presenta as seguintes alegacións:

1. O estudio de impacto ambiental non establece o grao de eficacia das medidas correctoras propostas.

2. Non se determina a selección ou separado dos productos ou substancias citotóxicas, inhibidoras da reproducción celular, para o seu posterior almacenamento e tratamento, nin se determina a súa incidencia nas evacuacións de fluídos.

3. Non se determinas os fármacos que conterán os residuos non a súa incidencia no proceso, así como os eu tratamento e eliminación.

4. O proceso de esterilización non recolle o tratamento dos gases do valeirado previo ás inxeccións de vapor.

5. Descoñécese a composición e tratamento da desvaporización na cuarta fase de esterilización.

6. No lavado dos carros non se especifican os productos químicos de limpeza e desinfección utilizados, así como os eu posterior tratamento e eficacia, sinalando unicamente os valores de pH e cloro residual libre.

7. Considérase insuficiente o control semanal de eficacia do proceso.

8. Non se establece claramente o grao de eficacia anticontaminante dos elementos líquidos que considera non altamente contaminantes.

9. Na identificación do impacto sobre a calidade do aire establécese que se prevé que tódalas emisións que se xeran cumpran os límites sinalados polo Decreto 833/1975, non considerándose seria nin rigorosa esta proposta.

10. Con respecto ós cheiros que se producen no autoclave e no triturador e que son eliminados por ventilación da planta, non se determina a posible contaminación non se dispón de datos da súa influencia sobre a saúde humana e o medio ambiente.

11. Descoñécese o grao de eficacia do tratamento dos vertidos líquidos.

12. O proxecto non ten en conta o establecido no Real decreto 833/1988, sobre as medidas de control e corrección ante as consecuencias que poidan derivarse de avarías ou accidentes.

13. Incúmprese o especificado nos apartados c, d, e, f, g, h, y e k, do artigo 26 do Real decreto 833/1988, necesarios para a autorización administrativa.

+ Agrupación Socialista de Cambre e Grupo Municipal Socialista do Concello de Cambre: presenta as seguintes alegacións:

1. No EIA non se presenta plano de situación, nin delimitación cartográfica dos terreos afectados polas instalacións.

2. Non se xustifica a elección da localización.

3. Non se describe o solo nin a vexetación presente.

4. Non se considera ningún impacto na fase de construcción da planta.

5. Os impactos son caracterizados unicamente como positivos ou negativos.

6. A valoración de impactos non obedece a ningún criterio.

7. As medidas correctoras e protectoras non se consideran suficientes.

8. Non se considera suficiente o control semanal do ciclo de esterilización.

9. A frecuencia da caracterización dos residuos debe ser maior que anual.

10. Non queda claro que se fai co vapor de descompresión que sa do autoclave ó realiza-lo baleirado.

11. ¿Que se faría cos residuos almacenados en caso de parada da planta?.

12. Non se considera suficiente cun só equipo de esterilización.

13. ¿Que medidas se tomarían en caso de accidente?.

14. A matriz de impacto non ten en conta a suma dos impactos parciais.

15. Os impactos considerados marxinais deberían ser valorados.

16. Sería conveniente unha reportaxe fotográfica do terreo.

17. O proceso sería máis rápido e efectivo cun sistema de trituración previa.

* Veciños do concello de Bergondo: presentan as mesmas alegacións anteriores, incluíndo tamén o feito de que a parcela correspondente do polígono de Espírito Santo atópase nunha zona de uso social.

* Veciños do concello de Sada: presentan as mesmas alegacións que os anteriores.

2948