Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.325

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (82/1997).

En autos de menor contía seguidos co número 82/1997, por instancia de Susana González Carril contra Cristóbal Gómez Montero sobre menor contía, dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e sete. Por recibido neste xulgado o anterior escrito da demanda, documentos e poder debidamente verificada a súa suficiencia e copias simples, rexístrese no libro da súa clase, numérese e fórmese correspondente xuízo de menor contía, téndose como parte nel a Susana González Carril e no seu nome ó procurador Santiago Gómez Martín, representación que acredita coa copia de escritura de poder xeral para pleitos, que se lle devolverá, se é o caso, unha vez testemuñada en autos, entendéndose co referido procurador as sucesivas dilixencias no modo e forma previstos na lei.

Admítese a trámite a demanda, que se substanciará de conformidade co preceptuado polo artigo 680 e seguintes da Lei de axuizamento civil; entenderase dirixida esta fronte a Cristóbal Gómez Montero a quen, e dado o seu paradoiro descoñecido, será emprazado en legal forma para que, se lle conviñese, dentro do termo de dez días compareza nos autos por medio de avogado que o defenda e procurador que o represente, baixo apercibimento de que se non o verifica será declarado en situación legal de rebeldía procesual e que se dará por precluído o trámite de contestación.

Para que teña lugar, publíquense edictos no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días, que se interporá por escrito perante este xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Cristóbal Gómez Montero, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación e emprazamento, en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O/a secretario/a

Rubricado

2957