Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.325

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (80/1996).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 80/1996 sobre lesións, nos que foron partes, como denunciantes-denunciados, Javier Rodríguez Fernández e Sergio Guzmán Santos, se dictou sentencia coa resolución que di como segue:

«Que debo condenar e condeno a Javier Rodríguez Fernández e Sergio Guzmán Santos como autores penalmente responsables dunha falta de malos tratos de obra, á pena de multa de 10 días, cunha cota diaria de 200 pesetas a cada un deles, que teñen que satisfacer dunha soa vez mediante ingreso na conta de consignacións deste xulgado, co número que lle será facilitado para tal fin, e ó pagamento das custas causadas por metade.

Así, por esta miña sentencia, que lles serán notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciante-denunciado Javier Rodríguez Fernández, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2648