Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación de servicios técnicos, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora dos contratos.

Organismo: Delegación Provincial de Lugo.

Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Contratación.

2. Obxecto dos contratos: a contratación dos servicios técnicos que figuran no anexo, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación dos contratos.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Garantía dos contratos.

Provisional: exenta.

Definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Servicio de Contratación.

Domicilio: Ronda da Muralla, nº 197, 2º andar.

Localidade e código postal: Lugo, 27071.

Teléfono: (982) 29 45 11 e 29 44 86.

Telefax: (982) 29 44 52.

Data límite de obtención de documentos e información: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

6. Presentación de ofertas dos licitadores.

Data límite de presentación: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro da delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, nº 197, baixo.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27071.

7. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día de apertura das ofertas.

8. Admisión de variantes: mellora técnica e do prazo de execución.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: Delegación Provincial (sala de xuntas).

Domicilio: Ronda da Muralla, nº 197, baixo.

Localidade: Lugo.

Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas, que non cadre sábado ou festivo.

Hora: ás 10 horas da mañá.

Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 17 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

1. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Fanoi (Abadín-Lugo).

Número de expediente: LU/PR-700.

Prazo de execución: doce meses.

Orzamento base de licitación: cinco millóns catrocentas noventa e tres mil cincocentas cincuenta e seis (5.493.556) pesetas.

Garantía definitiva: 219.742 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona norte de Mondoñedo (Mondoñedo-Lugo).

Número de expediente: LU/PR-701.

Prazo de execución: doce meses.

Orzamento base de licitación: trece millóns setecentas trinta e tres mil oitocentas noventa (13.733.890) pesetas.

Garantía definitiva: 549.356 pesetas.

Clasificación do contratista: grupo II ou grupo B, subgrupo 1, categoría a.

3. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de monte de Vilaformán (Trabada-Lugo).

Número de expediente: LU/PR-702.

Prazo de execución: seis meses.

Orzamento base de licitación: catro millóns trescentas dúas mil cento oitenta e dúas (4.302.182) pesetas.

Garantía definitiva: 172.087 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

4. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Pereiro-Oiras (Alfoz-Lugo).

Número de expediente: LU/BP-703.

Prazo de execución: doce meses.

Orzamento base de licitación: catro millóns setecentas quince mil oitocentas cincuenta e catro (4.715.854) pesetas.

Garantía definitiva: 188.634 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios de concentración parcelaria na zona de San Martín de Ferreiros (Pol-Lugo).

Número de expediente: LU/RF-715.

Prazo de execución: catro meses.

Orzamento base de licitación: un millón cincocentas cincuenta e catro mil oitocentas oitenta e tres (1.554.883) pesetas.

Garantía definitiva: 62.195 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria no sector I-Bb do val de Lemos (Bóveda-Monforte de Lemos-A Pobra de Brollón-Lugo).

Número de expediente: LU/RF-719.

Prazo de execución: doce meses.

Orzamento base de licitación: dous millóns novecentas cincuenta mil trinta e sete (2.950.037) pesetas.

Garantía definitiva: 118.001 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Descrición do contrato e lugar de execución.

Colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Poutomillos (Lugo).

Número de expediente: LU/RF-723.

Prazo de execución: seis meses.

Orzamento base de licitación: catrocentas cincuenta e nove mil trescentas noventa e sete (459.397) pesetas.

Garantía definitiva: 18.376 pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

3427