Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da subministración consistente na adquisición de diverso vestiario para o persoal da consellería.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración, por concurso aberto, consistente na adquisición de diverso vestiario para o persoal da consellería, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: oito millóns cento sesenta e dúas mil pesetas (8.162.000 ptas.).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria (Servicio de Contratación) da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 3 de xuño de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 9 de xuño 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

3069