Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición de equipamento para a realización dos traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1997 (0701).

Por Resolución do 19 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle s subministración ás empresas:

Lote 1.-Traxes ignífugos (camisa e pantalón).

Confecciones Oroel, S.A., importe de adxudicación: 2.560.000 pesetas.

Lote 2.-Monos de algodón ignifugado.

Confecciones Oroel, S.A., importe de adxudicación: 5.7000.000 pesetas.

Lote 3.-Botas de coiro ignifugado.

Curtidos Galaicos, S.L., importe de adxudicación: 7.377.600 pesetas.

Lote 4.-Cascos de protección.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 447.000 pesetas.

Lote 5.-Luvas de traballo.

El Corte Inglés, S.A., importe de adxudicación: 1.575.000 pesetas.

Lote 6.-Máscaras antifume.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 1.470.000 pesetas.

Lote 7.-Batelumes.

Declarado deserto ó non cumprir ningunha das ofertas presentadas os requisitos esixidos no prego de prescricións técnicas.

Lote 8.-Gafas de protección.

Dräguer Hispania, S.A., importe de adxudicación 599.400 pesetas.

Lote 9.-Cintos.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 845.000 pesetas.

Lote 10.-Mangueiras.

Incipresa, importe de adxudicación: 7.100.000 pesetas.

Lote 11.-Baterías para equipo de radiocomunicación portátil.

Vericar, S.L., importe de adxudicación: 2.402.800 pesetas.

Lote 12.-Mochilas de extinción.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 2.380.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

3426