Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (501/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo que se mencionarán consta a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e do seu partido, vistos os presentes autos de xuízo executivo número 501/1996, seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandante o Banco de Galicia, co procurador Caamaño Queijo, e doutra como demandados Farelo Ingeniería S.L. e Eduardo del Río Arias.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados ós demandados Farelo Ingeniería S.L. e Eduardo del Río Arias, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 612.854 pesetas de principal e outras 250.000 pesetas calculadas para xuros e custas.

Dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles na forma previda na lei, se non se pedir dentro dos tres días seguintes a notificación persoal.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días contados desde a súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

Para que lles sirva de notificación ós demandados, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

3423