Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (44/1997).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse co número 44 de 1997 autos de xuízo executivo, por instancia do Banco Gallego S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra Prudencia Cao Vázquez, e polo seu falecemento contra a comunidade hereditaria ou herdanza xacente, así como contra calquera outra persoa descoñecida ou incerta que puidese resultar interesada na herdanza dela.

Por medio da presente cédula, cítase de remate os referidos denunciados, co fin de que dentro do termo de nove días comparezan nos autos e se opoñan á execución, se lles conviñer.

Dada en Santiago de Compostela o cinco de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2233