Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (122/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vintesete de novembro de mil noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 122/1996, seguidos por furto; é denunciante a entidade Simago; e aparece como parte denunciada Ignacio Méndez Pedrosa, maior de idade; é igualmente parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ignacio Méndez Pedrosa da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e declaro as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Ignacio Méndez Pedrosa, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2234