Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.281

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (92/1996).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e do seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 92/1996, sobre ameazas, se dictou sentencia cunha parte dispositiva que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Begoña Abad Gueto dos feitos axuizados nas presentes actuacións, e declaro de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e de que poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación á denunciada Begoña Abad Gueto, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2236