Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

CÉDULA de notificación (31/1992).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que, nos autos que se mencionarán, se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

A Coruña, dezanove de xuño de mil novecentos noventa e tres.

Feitos. Único: o presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 02/0005078/19920, interposto por Enrique Martínez Alba contra acordo do Concello da Coruña sobre sanción en expediente 3100/1992 da Sección de Circulación, que o dito recorrente foi citado en legal forma para que compareza en forma no recurso no xeito e forma que determina o artigo

33 da Lei xurisdiccional, ou sexa, conferindo a súa representación a un procurador asistido de avogado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto; con apercibimento de que, se así non o verificar dentro do termo de trinta días, procederíase sen máis trámite ó arquivo das actuacións.

A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 02/0005078/19920 interposto por Enrique Martínez Alba contra acordo do Concello da Coruña sobre sanción en expediente 3100/1992 da Sección de Circulación. Notifíquese que a presente resolución non é firme por ser susceptible do recurso de súplica no prazo de cinco días.

Para que conste e sirva de notificación ó recorrente, e para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula na Coruña o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

2281