Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997 pola que se convocan unhas xornadas sobre policía e sociedade no ano 2000.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre policía e sociedade no ano 2000, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo analizar en profundidade tanto o modelo policial do futuro como a evolución que experimenta a sociedade, e as relacións policía-sociedade.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de xuño de 1997.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde e nelas trataranse, entre outros, os seguintes temas:

-Policía e sociedade no ano 2000.

-A profesión policial: evolución social e crise da cultura profesional.

-As organizacións policiais no limiar do ano 2000.

-Evolución da policía nunha sociedade democrática.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 19 e 20 de xuño de 1997.

O horario será en xornada de mañá (9 h-14 h) e tarde (16 h-20 h) o día 19, e en sesión de mañá o día 20.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 16 de xuño de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2338