Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/181-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S.-C.T.C e R.B.T.S. de Lañas.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: C.T. tipo caseta prefabricada con trafo de 400 kVA a 15/20 kV-B2 e acoplamento e protección de liñas de media tensión, dúas de entrada denominadas Arteixo-Lañas e Lañas-Bertoa e dúas de saída Lañas-Caión e Lañas-Barrañán. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2939