Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/283-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Subest, Palmeira-Instituto-Sarasquete.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixa tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1X240) mm Al, de 2.355 m de lonxitude, con orixe na subestación Palmeira-Instituto e final en C.T. Sarasquete, de 1.840 m de lonxitude, con orixe en inmediacións do C.T. Padín e final no C.T. Gude. Reforma dos CC.TT. de transformación de Sarasquete, Gude implantando celas de protección de liña protección do transformador e de liña motorizada con detector de falta. Rede de baixa tensión subterránea desde C.T. Sarasquete con conductor R.V. 0,6/1 kV e 240 mmde 621 m de lonxitude. Ribeira

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2938