Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da nova estrada de conexión PO-300-Vilagarcía de Arousa (clave N/PO/95.8).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, con data do 20 de marzo de 1997, o estudio informativo da nova estrada conexión PO-300-Vilagarcía de Arousa, clave N/PO/95.8, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar duran

te o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, e nos concellos afectados.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia; estará a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

2940