Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SGPA) da Xunta de Galicia.

Obxecto.-Desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SGPA) da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: 44.815.949 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703). Teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Fianza provisional: 896.378 pesetas.

Fianza definitiva: 1.792.758 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no

rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día 2 de xuño do presente ano.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia téncica para o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXGPA) da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 5 de xuño do ano en curso.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá de aboalos con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

3146