Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/268-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. subterránea fuso San Rosendo-Cristo. Ferrol.

-Situación: municipio de Ferrol.

-Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.837 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3 (1x240 mm Al) a 15/26 kV que une os CC.TT. de Santa Cruz, Miramar, Atocha, Máximo Ramos, Gregorio Baudot, Xeral Aranda, San Roque, Juan Balas e C.T. Espartero. Municipio de Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2937