Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997 pola que se anuncia a celebración dunha xornada sobre o proxecto de Estatuto da Función Pública.

A EGAP, en execución do seu plan de formación para 1997, anuncia a celebración dunha xornada sobre o proxecto de Estatuto da Función Pública que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos: o estudio e debate de asuntos relacionados co proxecto de Estatuto da Función Pública.

2. Destinatarios: preferentemente directivos e xestores de recursos humanos da Xunta de Galicia. Tamén poderá asistir, no caso de que haxa plazas vacantes, o resto do persoal ó servicio das administracións públicas de Galicia.

3. Lugares e datas: a xornada terá lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1997.

4. Horarios: a partir das 8.45 h, en sesións de mañá e tarde.

5 Prazas: 300.

6. Contido: versará sobre temas relacionados co proxecto de Estatuto da Función Pública.

7. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela. Tel. 54 60 40 Fax. 57 15 40. As solicitudes poderanse enviar por correo ou fax ó número indicado.

-Forma: segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria pública.

-Prazo: remata o 9 de maio. Unha vez rematado o prazo e no caso de existiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

8. Publicación e notificación da selección: a partir do 9 de maio os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por Telf. en días laborales de 12 a 14.30 h. ó número (981) 54 60 40 (Ext. 6249) ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3480