Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do plan de actividades da EGAP para o ano 1997, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Días das Letras Galegas de 1997 dedicado a Ánxel Fole, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste personaxe, organizando unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural a Lugo.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso o persoal de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas). A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1. Viaxe cultural a Lugo.

Data: 17 de maio.

Para coñece-lo desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, contactar co Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono (981) 54 62 49.

3.2. Mesa redonda:

Data: 21 de maio.

Hora: de 13 h a 14.30 h.

Lugar: EGAP.

5. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

- Forma: as solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, poderán enviar

se por correo ó enderezo anterior ou por fax ó número (981) 57 15 40.

-Prazo: remata ás 12 h do día 15 de maio.

6. Publicación e notificación da selección: a partir do 15 de maio os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por teléfono á EGAP en días laborales de 12 a 14 h ó número (981) 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3098