Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte e a empresa Eulen, S.A.

Vista a acta asinada o día 28-6-1996, pola comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte e a empresa Eulen, S.A. (código 2700720) presentada nesta delegación o 5-7 pasado, relativa á corrección de erros observados na publicación do mentado convenio, no DOG nº 90 de data 8-5-1996, procede efectua-la seguinte corrección de erros:

Primeiro.-Páxina 4.267:

-Na liña 5 do primeiro parágrafo, onde di: «convenio de ámbito provincial para a empresa do persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e a Eulen, S.A.», debe dicir: «convenio colectivo de ámbito do centro de traballo para o persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte e a empresa Eulen, S.A.».

-No párrafo 2º, onde di: «Visto o texto do convenio colectivo para a empresa de persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e a empresa Eulen, S.A.», debe dicir: «Visto o texto do convenio colectivo para o persoal de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte e a empresa Eulen, S.A.».

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no DOG.

Lugo, 5 de setembro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

3192