Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de marzo de 1997 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán Galicia-97 que se desenvolverá nas instalacións xuvenís de Galicia.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa Fomento da actividade xuvenil, figurando entre os seus obxectivos a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten o feito de facilitar canles polos que a mocidade poida participar nese tipo de actividades este ano, ó igual que en anos anteriores, convócase a Campaña Verán Galicia-97.

A oferta da Campaña Verán Galicia-97 comprende actividades en albergues, campamentos, campos de traballo voluntarios, rutas turístico-culturais e deportivas e outras relacionadas co ocio e o tempo libre, cun carácter convivencial, todas elas dirixidas a mozos e mozas individualmente considerados.

O obxecto da Dirección Xeral de Xuventude con esta campaña é o de atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no campo

do ocio e o tempo libre, utilizando para este fin as instalacións e medios de que dispón o dito centro xestor.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

Este plan xeral de actividades desenvolverase en virtude do uso preferente das instalacións xuvenís pola Dirección Xeral de Xuventude e sen prexuízo da reserva correspondente de prazas para a oferta concertada (Orde do 29 de xaneiro de 1997), e para alberguistas.

Nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nas oficinas TIVE-Galicia e nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán Galicia-97 supón a inscrición individual, permitíndolle á xuventude dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter socio-cultural, recreativo, formativo, de convivencia, etc..., que posibilite a participación do mozo.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Artigo 3º.-Participantes.

De acordo coas prazas dispoñibles, poderán solicita-la súa participación nas actividades programadas, os mozos e mozas de ata 30 anos, segundo se especifica para cada actividade no anexo I desta orde, podendo elixir entre as que se desenvolven na súa provincia ou fóra dela.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. As idades mínimas que se especifican para cada actividade entenderanse cumpridas durante o ano

1997, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade.

2. En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, os solicitantes nos que a súa idade coincida coa establecida como idade máxima para participar na actividade solicitada, deberán tela o 1-7-1997 para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 1-8-1997 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Quenda.

As quendas de actividades terán unha duración de 10 ou 15 días, segundo a modalidade da actividade, e desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, establecéndose por cada quenda un mínimo de 30 participantes.

Artigo 5º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude. (Cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Así mesmo, admitiranse aquelas solicitudes que se reciban a través dos seguintes medios:

-A través da rede internet na páxina con dirección (u.r.l.) http://www.xunta.es/adm/campalbe.htm.

O interesado será responsable da seguridade dos datos incluídos na solicitude ata que non se almacenen na base de datos da Xunta de Galicia.

-Ou ben, por fax ós números indicados no anexo IV desta orde.

Neste caso, na instancia farase figurar necesariamente un número de teléfono ó que poder chamar no suposto de que houbese que emendar calquera erro na solicitude ou na súa recepción.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do día 22 de maio no teléfono xove (902) 15 25 35.

Artigo 6º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial

de Galicia e rematará o día 19 de maio de 1997.

Artigo 7º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere a oferta de prazas.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 28 de maio de 1997 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

O resultado do sorteo farase público e confeccionarase a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 30 de maio na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 8º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia onde se vaia desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións), no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificante de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Declaración xurada de que sabe nadar, só para os participantes en actividades de náutica: vela, táboa, esquí acuático e piragüismo.

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de estar apto para participar na actividade.

No caso contrario, decaerá a adxudicación realizada e pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 9º desta orde.

Artigo 9º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As vacantes que se produzan, xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 8 desta orde en prazo, adxudicaranse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, unha vez rematado o prazo para a presentación da documentación á que fai referencia o artigo 8º desta orde, abrirase un período de catro días durante o que poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes que se produzan poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que fai mención o artigo 4º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva de praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, das oficinas TIVE-Galicia ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 8º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. No caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos e os teléfonos e fax das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, e están establecidos de acordo co disposto no apartado B do anexo da Orde do 2 de xaneiro de 1997, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1997 ( DOG nº 14, do 22 de xaneiro), e a Orde do 7 de abril de 1997, pola que se modifica a do 2 de xaneiro de 1997.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO IV

-Dirección Xeral de Xuventude:

Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, 1º. 15771 Santiago de Compostela.

Teléfono: 54 48 67. Fax: 54 58 43.

-Delegación provincial da Coruña da Consellería de Familia, Muller e Xuventude:

Enderezo: Avda. do Exército, 2, 1º. 15006 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50/22 19 54. Fax: 18 57 02.

-Servicio de Xuventude da Coruña:

Enderezo: r/ Durán Loriga, 9. 15003 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50/22 19 54. Fax: 22 13 36.

-Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia, Muller e Xuventude-Servicio de Xuventude:

Enderezo: Ronda de Fingoi, s/n. 27002 Lugo.

Teléfono: 29 43 52/29 43 51. Fax: 29 43 59.

-Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia, Muller e Xuventude:

Enderezo: r/ Camiño Vello. Prado Lonia, s/n. 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20/38 61 14. Fax: 38 60 87.

-Servicio de Xuventude de Ourense:

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo. 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20/38 61 14. Fax: 38 61 19.

-Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia, Muller e Xuventude-Servicio de Xuventude:

Enderezo: r/ María Berdiales, 20. 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 78/81 70 80. Fax: 81 70 43.

-Oficina TIVE da Coruña:

Enderezo: r/ Durán Loriga, 9-1º. 15003 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50/57 24 16.

-Oficina TIVE de Santiago de Compostela:

Enderezo: praza do Matadoiro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

Teléfono: 58 39 00/57 24 26.

-Oficina TIVE de Ferrol:

Enderezo: r/ Magdalena, 123-1º. 15402 Ferrol.

Teléfono: 35 03 00.

-Oficina TIVE de Lugo.

Enderezo: Ronda da Muralla, 134-3º. 27002 Lugo.

Teléfono: 29 43 38.

-Oficina TIVE de Ourense.

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo. 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 18.

-Oficina TIVE de Pontevedra:

Enderezo: r/ Benito Corbal, 47-2º. 36001 Pontevedra.

Teléfono: 80 55 32.

-Oficina TIVE de Vigo.

Enderezo: r/ María Berdiales, 20, entrechán. 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 79/81 70 80.

97-3435