Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.104

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Aluminio Español, S.A.-Alúmina Española, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Aluminio Español, S.A.-Alúmina Española, S.A. (código 2700062), da provincia de Lugo, asinado o día 27 de decembro de 1996, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xaneiro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

XI Convenio colectivo

Comisión negociadora

Acta final nº 17

Asistentes

-Representantes dos traballadores.

José L. Combarro Infantes

José L. Docampo Fortes

Fernando López Pedre

Jesús Barreiro Cendán

José Veiga Méndez

Francisco Jiménez Corpas

Félix Izaguirre Martínez

Francisco Martín Álvarez

José Paleo Rodríguez

Jesús García García

Francisco Pedreira Díaz

Evencio Feo Vaquero

-Representantes da dirección.

José M. Alvarado Cendán

Antonio Gil-Carcedo García

Luis Blasco López

Hilario Pablos Abella

Nos locais da empresa e sendo as 12 horas do día 27 de decembro de 1996 reúnense os membros da comisión negociadora relacionados ó principio, chegando ós seguintes acordos:

Ratifícase a acta anterior con data do 23 de decembro e na súa consecuencia chégase ós seguintes acordos:

-Vixencia temporal: 1996 a 1999 inclusive.

-1996. Incremento salarial: aboarase, en forma dunha única paga, e no mes de decembro, o equivalente ó 3% calculado sobre as retribucións percibidas durante o ano 1996 por tódolos conceptos con excepción das percibidas por complemento RET.

-1997. As táboas salariais, con excepción do RET, unha vez incrementadas no 3%, se incrementarán na mesma porcentaxe en que o faga o IPC real de 1997, salvo a bolsa de vacacións que se incrementará nun 10%. Provisionalmente realizarase un incremento do 2,2%, efectuándose a adecuación ó IPC real tan pronto se constate oficialmente o dito índice.

-Odontología. Establecerase unha subvención para os gastos orixinados por este concepto, nun valor do 50% do gasto real ata un límite (100%), por unidade familiar e ano, de 300.000 ptas., nos termos establecidos nas normas que rexen para persoal excluído do convenio.

-Complemento RET. A partir do 1 de xaneiro de 1997 o personal a 3 quendas continuas de mañá, tarde e noite, que non percibe o actual complemento RET, devengará o 30% do valor asignado en táboas ó dito complemento.

-1998. As táboas salariais incrementaranse na mesma porcentaxe en que o faga o IPC real do dito ano, salvo a bolsa de vacacións que o fará nun 20%. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, procedéndose á súa actualización tan pronto se coñeza o IPC real.

-Complemento RET. A partir do 1 de xaneiro de 1998 o persoal a 3 quendas continuas de mañá, tarde e noite, que non percibe o actual complemento RET, devengará o 60% do valor asignado en táboas ó dito complemento.

-1999. As táboas salariais incrementaranse na mesma porcentaxe en que o faga o IPC real do dito ano, salvo a bolsa de vacacións que o fará nun 10%. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, procedéndose á súa actualización tan pronto se coñeza o IPC real.

-Complemento RET. A partir do 1 de xaneiro de 1999 o persoal a 3 quendas continuas de mañá, tarde e noite, que non percibe o actual complemento RET, devengará o 100% do valor asignado en táboas ó dito complemento. A partir deste momento, as táboas salariais adecuaranse de modo oportuno, establecéndose as garantías persoais, actualizables, que fosen necesarias, non sendo absorbibles por promoción e/ou ascenso.

-Axuda de estudios. Neste ano establécense, nas mesmas contías e termos que rexan para o persoal excluído de convenio, axudas de estudios para fillos de empregados de:

* Estudios medios e superiores.

* COU.

* BUP ou FP2 ou equivalentes.

-Plan de pensións. Compromiso por ámbalas partes para a constitución, nun prazo máximo de 6 meses, a partir do asinamento do presente convenio, dunha mesa de traballo conxunta co propósito de estudia-la viabilidade no centro de S. Cibrán, dun sistema de fondo de pensións de contribución definida.

-Como consecuencia do presente acordo, ámbalas partes comprométense a facer efectivo o acordo asinado polos sindicatos e a dirección de INESPAL do 19-6-1996 sobre a Colonia Infantil de Tamarit (Altafulla), destinándose as cantidades alí estipuladas ós fins previstos, con excepción do ano 1997 e 1998, en que se destinarán ata 6 e 3,4 millóns respectivamente ós incrementos indicados con anterioridade á bolsa de vacacións dos ditos anos. Dado que o citado acordo debería ter entrado en vigor en 1996 e a imposibilidade de gastar, durante este ano, as cantidades asignadas, dado o avanzado del, acórdase traspasa-la cantidade que corresponda ó ano 1997 para as axudas de odontoloxía previstas no dito ano.

Á presentación por parte da RT das persoas que deban cobra-la compensación polo non uso da colonia infantil durante os anos 1991-1995, a RD procederá ó aboamento polo importe que o comité de empresa determinará ata a contía máxima determinada no dito acordo.

Art. 5.-(Primeiro parágrafo).

Estenderase o período comprendido entre o 1º de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1999.

Art. 9.-Traballos de superior nivel.

En materia de consolidación de niveis haberá que aterse ó reflectido no Art. 10.5.2.a) do presente convenio.

Art. 10.-Clasificación profesional.

Establécense tres grupos profesionais e cinco niveis funcionais tal como se definen no artigo seguinte. A clasificación profesional dos distintos postos de traballo queda reflectida no anexo II.

10.1. Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia diso un determinado grupo

funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que comporta a súa clasificación organizativa, e deberá en consecuencia ocupar calquera posto dela, unha vez recibida previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto, cando ela sexa necesaria.

10.2. Grupos funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

10.2.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, realizando tarefas de alta cualificación e complexidade.

10.2.2. Empregados.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina, informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

10.2.3. Operarios.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente actuando no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou otras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar ó mesmo tempo funcións de supervisión ou coordinación.

10.3. Niveis de cualificación.

Todo traballador será cualificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo iso tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

10.3.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

10.3.2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas téc

nicas complexas, homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

10.3.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, sendo necesario alcanza-lo máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

10.3.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionales, aptitudes prácticas, ou esixencia de razoamento, comportando en todo caso responsabilidade na execución, aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

10.3.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou un curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera achega de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

10.4. A nova clasificación profesional non afectará a valoración de postos de traballo.

10.5. Mobilidade funcional.

10.5.1. Enténdese como mobilidade funcional, dentro do mesmo centro de traballo:

-Cambio de nivel, ou subnivel onde o houbese, dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel.

10.5.2. Cambio de nivel dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas, poderá des

tina-los traballadores a funcións que comporten cambio de nivel, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

a) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales non superiores a 6 meses,- salvo nos casos de substitución por ILT , servicio militar e excedencia- os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel dentro do seu grupo funcional. Se o cambio leva consigo retribucións superiores, percibirán as do posto de destino. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

O dito traslado notificaráselles simultaneamente ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración calculada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel superior se realizase as ditas funcións durante máis de 6 meses en 2 anos, excepto nos supostos de substitución por ILT, servicio militar e excedencia.

Unha vez concluída a duración do traslado, reintegrarase ó traballador ó seu nivel de orixe.

b) As discrepancias que, se é o caso, puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no apartado 2.1 someteranse ó procedemento de solución de conflictos establecido no artigo 47.

c) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel superior dentro do seu grupo funcional, de acordo coas normas de ascenso e promoción que existan ou que se pacten no seo de cada empresa.

d) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel inferior dentro do seu grupo funcional. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto no artigo 47 do presente texto. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

10.5.3. Cambios de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se a iso houbese lugar.

Garantiranse a nivel persoal as retribucións que viñese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción que existan en cada convenio colectivo.

Transcorrido un prazo de 15 días sen acordo no seo da empresa, seguirase o procedemento previsto para tal efecto no artigo 46 do presente convenio.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo Art. 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente conformado co presente apartado.

Art. 11.-(Apartado c).

Absentismo. Ámbalas partes establecen como necesidade permanente a de actuar sobre o absentismo por tódolos medios que cada un deles teña ó seu alcance e co propósito de reduci-la súa incidencia, establecendo un compromiso de colaboración mutua naquelas actuacións para as que sexan requiridos. Para tal efecto fíxase como obxectivo específico alcanzar un índice absoluto de absentismo, sen vacacións, en 1997 inferior a 5 décimas con respecto ó de 1996.

Art. 12.- (Parágrafos 7, 8 e 9).

Excedencias. O traballador excedente conserva só un dereito preferente de incorporación ó seu posto de traballo ou a outro de similar categoría ó finaliza-lo período de excedencia, de modo que só se activa cando existe unha necesidade real de contratación e esta se leva a cabo.

Unha vez concedida a excedencia, o seu posto de traballo poderá ser ocupado por outra persoa ou ser amortizado directamente pola empresa. Neste caso a amortización do posto será comunicada ó traballador afectado e ó comité de empresa.

Non obstante, o dereito preferente a ocupar un posto de traballo do que exista necesidade de ocupalo esténdese non só ó daqueles postos de igual ou similar categoría, senón tamén ós de inferior categoría, sempre que así o decida o traballador. A remuneración será a correspondente á do posto de traballo.

Art. 13.6.-(Último parágrafo).

Ámbalas partes comprométense ó desenvolvemento íntegro das accións de formación previstas, de modo que aquelas que, por calquera causa, non fosen realizadas no ano previsto, constituirían prioridade de execución para o seguinte exercicio.

Art. 16.7.-(Apartado 2).

Polo contrario, non suporán perda de tal dereito os períodos de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, sempre que estes non superen 11 meses dentro do ano natural a que aquelas se refiren sen prexuízo da percepción da bolsa de vacacións.

Art. 21.2.-(Primeiro parágrafo).

En concepto de antigüidade percibirá un primeiro e único quinquenio do 5% do salario base a partir do cal se percibirán sucesivos trienios do 5% do salario base.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en ningún caso, supoñer máis do 60%, como máximo.

Art. 24.-(Apartado a).

Unha contribución mensual, por cada traballador, consistente nun 0,4% das percepcións reais mensuais, excluídas horas extraordinarias.

Art. 29.-(Apartado b, primeiro parágrafo).

Contribución da empresa, a través do fondo de axuda, dunha cantidade en 1997 de ata 3.000.000 de pesetas. Esta cantidade que en 1998 se actualizará na mesma contía que o farán as táboas salariais, será incrementada en 1999 na contía necesaria para a concesión de axudas a estudios universitarios medios e superiores, COU, BUP, FP2 ou equivalentes, na mesma contía que nese ano exista para o persoal excluído de convenio.

Estas cantidades destinaranse exclusivamente ó dito fin, e complementarán os importes previstos actualmente nos estatutos do fondo de axuda.

Art. 29 bis.-Axuda para odontoloxía.

Subvencionarase o 50% do importe dos gastos soportados en facturas, por consultas, radiografías, extraccións, prótese e reposición de pezas, salvo metais preciosos e cerámicos ou similares. A contía máxima do gasto será de 300.000 ptas. anuais por unidade familiar.

A súa efectividade será a partir do 1-1-1997.

Art. 32.-Colonia infantil.

Neste tema haberá que aterse ó reflectido na acta do acordo do 19 de xuño de 1996 entre centrais sindicais/grupo Inespal.

Art. 40.-Comité de seguridade e saúde.

O actual comité central de seguridade e hixiene continuará asumindo as competencias e actividades que a Lei de prevención de riscos laborais asigna ó Comité de Seguridade e Saúde sen prexuízo de que, logo de acordo das partes, se establezan as modificacións que se consideren necesarias para a obtención dun maior nivel de prevención no centro de traballo.

A composición deste comité será a que determine a Lei de prevención de riscos laborais.

O citado comité celebrará, obrigatoriamente, unha reunión mensual. Sempre que o acorde o presidente por iniciativa propia ou a petición de tres ou máis dos seus compoñentes, celebraranse reunións extraordinarias.

Os membros deste comité que representan ós traballadores poderán celebrar reunións preparatorias.

Na convocatoria das reunións citarase a orde do día.

Levantarase acta de tódalas reunións, remitindo unha delas ó comité de empresa.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores comprométense a impulsar calquera acción que tenda á mellora da seguridade e saúde laboral no complexo e, neste sentido, a potenciar ó máximo a actuación dos subcomités de área.

Art. 46.-Solución extraxudicial de conflictos colectivos.

Os conflictos de traballo que durante a vixencia do presente convenio puidesen suscitarse, someteranse ó procedemento regulado no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), logo do coñecemento en primeira instancia pola comisión paritaria do convenio. Alternativamente poderase acudir ó procedemento regulado no ASEC.

Art. 47.-(Último parágrafo).

En caso de desacordo na comisión e tratándose dun conflicto colectivo, someterase ó procedemento regulado no AGA ou ASEC.

Non habendo máis asuntos que tratar, procédese ó asinamento do presente convenio nos termos expresados, quedando mandatada a representación da dirección para a súa legalización, rexistro e publicación. Así mesmo os secretarios de actas Pablos e Docampo, asinan o anexo I (7 páxinas) e o anexo II (1 páxina).

Unidade de traballo

Aluminio Español, S.A.-Alúmina Española, S.A.

11º Convenio colectivo-anos 1996, 1997, 1998 e 1999

Capítulo I

Determinación das partes que concertan o convenio

Artigo 1º

O presente convenio colectivo concértase entre a unidade de traballo das sociedades Aluminio Español, S.A. e Alúmina Española, S.A., representadas polas persoas expresamente facultadas para iso, e os traballadores do centro de traballo de San Cibrao (Lugo), representados pola súa comisión negociadora, elixida para o efecto polo comité de empresa.

Capítulo II

Ámbitos de aplicación

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Territorialmente, o presente convenio afecta o centro de traballo de San Cibrao (Lugo).

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As súas disposicións afectan os traballadores que, incluídos no ámbito territorial referido, prestan os seus servicios nos postos definidos no ámbito funcional.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

Por razóns da función quedan excluídos das disposicións deste convenio, para tódolos efectos, os postos denominados de función directiva.

Non obstante o anterior, calquera dos ocupantes dos postos de encargado disporá dun prazo de tres meses, a partir do asinamento do presente convenio, para solicita-la súa inclusión nel. Ós ditos ocupantes seralles mantido o posto de traballo e a súa categoría profesional, adaptándose su retribución á liña marcada neste convenio.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

Estenderase ó período comprendido entre o 1º de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1999.

Denuncia do convenio. Con antelación mínima dun mes á terminación da súa vixencia o presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes, formulándose a denuncia por escrito.

En caso de non mediar denuncia nos termos citados, o convenio entenderase prorrogado, salvo as cláusulas de tipo económico que, en todo caso, serán obxecto de negociación.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 6º.-Principio xeral.

A organización do traballo é competencia e responsabilidade da dirección da empresa. O exercicio regular das facultades directivas desenvolverase no marco da lexislación vixente e no do pactado no presente convenio colectivo. Correlativamente, a representación dos traballadores terá nesta materia a competencia que, por esas mesmas vías normativas, lle veña atribuída.

Artigo 7º.-Ingresos de persoal.

A selección e admisión do persoal será realizada pola dirección da empresa, que someterá os solicitantes ás probas médicas, psicotécnicas e profesionais que considere necesarias.

En toda contratación deberán quedar garantidos os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade así como de publicidade.

O comité de empresa disporá de información, con antelación suficiente, dos procesos de selección que vaian ser convocados.

A dirección, consciente da responsabilidade social da empresa no contorno, comprométese, para a provisión autorizada de vacantes, a acudir preferentemente ás oficinas de emprego da zona, unha vez esgotadas as posibilidades de cobertura con persoal do cadro do propio centro de traballo ou doutros centros do grupo Inespal.

En todo caso, a dita provisión realizarase dentro dun prazo de 2 meses, salvo que medien circunstancias excepcionais que serán comunicadas ó comité de empresa.

O comité de empresa recibirá mensualmente relación nominal das altas e baixas habidas no cadro de persoal.

Artigo 8º.-Valoración de postos de traballo.

O proceso de valoración de postos de traballo rexerase polas regras e criterios que, a continuación se acordan.

1. Normas xerais.

Na secretaría do comité de empresa constará unha copia do manual de cualificación, descrición dos postos de traballo e ordenación resultante deles, por niveis.

A valoración baséase nos seguintes criterios:

1.1. Coñecementos, tanto teóricos como prácticos.

1.2. Esforzos achegados, tanto sensoriais ou nerviosos como físicos ou mentais.

1.3. Responsabilidades por elementos a cargo do traballador ou que se relacionen directamente con el.

1.4. Condicións ambientais, tales como penosidade, toxicidade ou perigosidade.

1.5. Mando ou responsabilidade polo traballo doutros, funcións de distribución de tarefas, xefaturas de equipos, etc.

O sistema adoptado cumpre co contido do artigo 14 da ordenanza de traballo para a nosa industria, quedando comprendidos nos seus resultados os conceptos a que se refire nos artigos 77 e 79 dela.

A valoración considera as condicións, esixencias e características do posto de traballo con total independencia da persoa que o ocupe.

2. Valoración de postos de traballo.

A cualificación dos postos de nova creación acomodarase ás normas seguintes:

2.1. Será realizada por técnicos expertos na materia, designados pola dirección.

2.2. A representación dos traballadores, para desenvolve-la participación que se lles atribúe nesta materia, poderá:

-Solicita-lo concurso de asesores técnicos externos e/ou.

-Asumi-la función, delegándoa nun número dos seus membros, non superior a tres, os cales deberán recibir formación adecuada para o desempeño da súa tarefa.

2.3. Os técnicos de valoración pola representación dos traballadores estarán facultados para:

-Obter información sobre as operacións de valoración e logo de notificación á dirección, presentarse nos postos de traballo, co único fin de mellora-lo coñecemento deles. Irán, nestes casos, acompañados dos técnicos da empresa.

-Dispoñer da documentación básica da valoración e dos resultados do traballo elaborado polos técnicos da dirección.

-Formular e discutir con estes as dúbidas e incorreccións que, ó seu xuízo poidan concorrer.

-Emitir un informe final.

2.4. En razón ó contido do informe dos técnicos dos traballadores e á vista das conversacións habidas con eles, os técnicos da dirección elaborarán a súa proposta definitiva de cualificación.

2.5. Considerada a dita proposta pola dirección da empresa, pasará a coñecemento da representación dos traballadores.

2.6. A cualificación, de ser aceptada pola representación dos traballadores, adquirirá firmeza, incorporándose á valoración xeral.

-Se a cualificación non fose aceptada, poderá ser implantada pola dirección da empresa, quen deberá notifica-la súa decisión ó comité.

-Neste caso, habilitarase un prazo de tres meses, contado a partir da data da notificación, durante o cal, tanto o comité de empresa como o traballador afectado, poderán inicia-la reclamación oportuna ante a xurisdicción competente.

-Transcorrido o indicado prazo sen formularse oposición, a cualificación implantada adquirirá plena firmeza.

3. Revisión individualizada de postos.

Non procederá revisión de cualificacións salvo por variación substancial do seu contido, en relación coa descrición anterior, autorizada pola dirección da empresa, logo de informe dunha comisión paritaria formada polos técnicos en valoración das representacións da dirección e dos traballadores.

No obstante, se o traballador considerase que, de feito, no seu posto se producise unha variación importante e non fose así aceptado pola dirección -quen deberá contesta-la súa reclamación nun prazo de 30 días- o interesado poderá acudir á xurisdicción competente para resolve-lo caso.

O procedemento para revisión individualizada será o mesmo có previsto para a cualificación de novos postos.

Artigo 9º.-Traballos de superior nivel.

En materia de consolidación de niveis haberá que aterse ó reflectido no artº 11.5.2.a) do presente convenio.

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

Establécense tres grupos profesionais e cinco niveis funcionais tal como se definen no artigo seguinte. A clasificación profesional dos distintos postos de traballo queda reflectido no anexo II.

1. Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia diso un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que leva consigo a súa clasificación organizativa, debendo en consecuencia ocupar calquera posto dela tendo recibida previamente por parte da empresa, a formación adecuada ó novo posto, cando ela sexa necesaria.

2. Grupos funcionales.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

2.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, que realiza tarefas de alta cualificación e complexidade.

2.2. Empregados.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciales, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

2.3. Operarios.

É o persoal que polos sus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente actuando no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar á súa vez funcións de supervisión ou coordinación.

3. Niveis de cualificación.

Todo traballador será cualificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo iso tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

3.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

3.2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas, homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

3.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, sendo necesario alcanza-lo máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

3.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas, ou esixencia de razoamento, comportando en todo caso responsabilidade na execución, aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

3.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou un corto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera aportación de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

4. A nova clasificación profesional non afectará a valoración de postos de traballo.

5. Mobilidade funcional.

5.1. Enténdese como mobilidade funcional, dentro do mesmo centro de traballo:

-Cambio de nivel, ou subnivel onde o houbese, dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel.

5.2. Cambio de nivel dentro do mesmo grupo funcional.

A Dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas poderá destinar ós traballadores a funcións que comporten cambio de nivel, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

a) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales non superiores a 6 meses, -salvo nos casos de substitución por ILT , servicio militar e excedencia- os traballadores poderán ser destinados á realización

de tarefas de diferente nivel dentro de su grupo funcional. Se o cambio leva consigo retribucións superiores percibirán as do posto de destino. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

O dito traslado notificaráselles simultáneamente ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración calculada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel superior se realizase as ditas funcións durante máis de 6 meses en 2 anos, excepto nos supostos de substitución por ILT , servicio militar e excedencia.

Unha vez concluída a duración do traslado reintegrarase o traballador ó seu nivel de orixe.

b) As discrepancias que se é o caso puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no apartado 2.1 someteranse ó procedemento de solución de conflictos establecido no artigo 47º.

c) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel superior dentro do seu grupo funcional, de acordo coas normas de ascenso e promoción que existan ou que se pacten no seo de cada empresa.

d) Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel inferior dentro do seu grupo funcional. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto no artigo 47 do presente texto. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

5.3. Cambios de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel, sempre e cando se lles faciliten coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se a iso houbese lugar.

Garantiranse, a nivel persoal, as retribucións que viñese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción que existan en cada convenio colectivo.

Transcorrido un prazo de 15 días sen acordo no seo da empresa, seguirase o procedemento previsto para tal efecto no artigo 46º do presente convenio.

5.4. Entenderase que o acordo previsto para o efecto por Art. 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente apartado.

Artigo 11º.-Productividade.

Ámbalas representacións, sen prexuízo do establecido no Art. 41 do Estatuto dos traballadores, fíxanse como obxectivo prioritario a mellora da productividade e comprométense, para a súa consecución, a colaborar sen reservas co fin de:

a) A máxima potenciación dos recursos organizativos e de operación e/ou xestión para cumpri-los fins da producción e dos servicios.

b) A óptima aplicación dos recursos humanos da empresa, ó mesmo fin.

c) Absentismo. Ámbalas partes establecen como necesidade permanente a de actuar sobre o absentismo por tódolos medios que cada un deles teña ó seu alcance e co propósito de reduci-la su incidencia establecendo un compromiso de colaboración mutua naquelas actuacións para as que sexan requiridos. Para tal efecto fíxase como obxectivo específico o alcanzar un índice absoluto de absentismo, sen vacacións, en 1997 inferior en 5 décimas con respecto ó de 1996.

Artigo 12º.-Excedencias.

Como norma xeral nesta materia será de aplicación o disposto nas leis vixentes.

Non obstante, o traballador con polo menos un ano de antigüidade na empresa, terá dereito a unha excedencia voluntaria por un prazo non menor dun ano nin maior de cinco.

Salvo casos excepcionais e debidamente acreditados, este dereito non poderá ser exercitado polo mesmo traballador, ata transcorridos catro anos desde a finalización do anterior, sen prexuízo do previsto para a excedencia por coidado de fillos.

Por razóns de enfermidade grave de parentes ata primeiro grao de consanguinidade e afinidade debidamente xustificadas, logo de informe do comité de empresa, concederanse as excedencias por un período máximo de 12 meses, reincorporándose ó traballo despois dun aviso previo de 15 días.

Por razóns de estudio que sexan de aplicación directa na empresa, con indicación do tipo de estudios e duración deles, será renovable e prorrogable ano a ano por un período máximo de 5 anos.

Ante situacións excepcionais de privación de liberdade a dirección, logo de acordo co comité de empresa, concederá as excedencias voluntarias que poidan formularse. En principio, a reincorporación será automática, tras un aviso previo de 10 días, nos casos de sobresemento.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente de incorporación ó seu posto de traballo ou a outro de similar categoría ó finaliza-lo período de excedencia de modo que só se activa cando existe unha necesidade real de contratación e esta se leva a cabo.

Unha vez concedida a excedencia o seu posto de traballo poderá ser ocupado por outra persoa ou ser

amortizado directamente pola empresa. Neste caso a amortización do posto será comunicada ó traballador afectado e ó comité de empresa.

Non obstante o dereito preferente a ocupar un posto de traballo do que exista necesidade de ocupalo esténdese non só ó daqueles postos de igual ou similar categoría senón tamén ós de inferior categoría sempre que así o decida o traballador. A remuneración será a correspondente á do posto de traballo.

Artigo 13º.-Formación e perfeccionamento profesional.

1. Considerarase un deber primordial atende-la formación e perfeccionamento do persoal coa finalidade de:

a) Obter unha formación profesional mediante a consecución e mantemento duns recursos humanos adaptados ós diferentes postos de traballo, co fin de conseguir unha maior eficacia.

b) Obter unha formación humana mediante a creación de expectativas claras e canles para logralas, co fin de conseguir unha maior promoción do nivel persoal, cultural e social dos traballadores.

A acción que se emprenderá será a seguinte:

2. Cursos de perfeccionamento.

Encamiñados a lle proporcionar ó ocupante do posto de traballo formación tanto teórica como práctica, co obxecto de conseguir maior eficacia na súa especialidade ou oficio.

3. Cursos de formación humana.

Teñen o fin de proporcionar a tódolos traballadores a oportunidade de desenvolver e equilibra-la súa personalidade e amplia-los seus coñecementos. Aplicaranse técnicas de formación integrada impartida por persoal especializado propio da empresa se o houbese, ou alleo con suficiente garantía probada de entidades con especialización nelas, ou en colaboración co INEM.

4. Formación do personal técnico e con mando.

Deben renovarse con formación específica precisa conceptos e técnicas de exercicio de mando, baseado na participación, ou coñecemento do proceso productivo e do traballo en equipo, co fin de ser posteriormente formadores dos traballadores do seu equipo, para o cal deben ser formados como tales.

5. Formación continua.

A dirección e o comité de empresa asumen os contidos do acordo nacional de formación continua do 16 de decembro de 1992 comprometéndose a desenvolver conxuntamente o seu contido na empresa, mentres dure a súa vixencia.

6. Formación novas tecnoloxías.

Proporcionarlles ós técnicos e mandos intermedios formación para unha mellor cualificación, que debe ser prioritaria e imprescindible para a adaptación de novas tecnoloxías co fin de conseguir maior capacitación en diferentes especialidades ou oficios da que teñen.

No que se refire ó estudio, promoción, desenvolvemento e vixilancia da formación do persoal na empresa, existirá unha comisión de traballo na que estará representado paritariamente o comité de empresa ou asignará a algunha das xa existentes.

Ámbalas partes se comprométense ó desenvolvemento íntegro das accións de formación previstas, de modo que aquelas que, por calquera causa, non fosen realizadas no ano previsto, constituirían prioridade de execución para o seguinte exercicio.

Artigo 14º.-Ascensos e promocións.

1. Principio xeral.

A cobertura de vacantes en réxime de ascenso acomodarase ó disposto no Estatuto dos traballadores e, en concreto, ós pactos e criterios específicos seguintes:

2. Ascensos.

2.1. Considerarase ascenso a ocupación dun posto de traballo que supoña a adxudicación dun nivel profesional de rango superior, de acordo coas contidas no anexo II do presente convenio.

Excepcionalmente, aplicaranse as normas de ascenso no caso de promoción económica entre especialistas, cando esta se deba á ocupación dun posto que supoña desempeño dunha ou varias das gamas dunha profesión ou oficio.

2.2. O ascenso producirase a través dun proceso que teña en conta os criterios seguintes:

-Capacitación para o posto de que se trate.

-Méritos que concorran nos aspirantes.

-Antigüidade dos candidatos, só para efectos de resolver situacións non diferenciadas polos criterios anteriores.

-Non obstante, serán de libre decisión da dirección a determinación das persoas que teñan que ocupar postos cun desempeño que implique custodia ou supoña certo grao de vinculación persoal.

2.3. O proceso para levar a cabo os ascensos obedecerá os principios e fases seguintes:

a) Convocatoria: na que se indicarán a formación esixible ou, se é o caso, a forma de acceder a ela, os méritos que se vaian ter en conta e a data de celebración das probas pertinentes.

As convocatorias das probas afectarían nun primeiro lugar os traballadores do departamento/servicio onde existe a vacante, estendéndose en caso de resultar deserto á planta/servicio G. ou, se é o caso, fabrica/outros serv., por esta orde.

b) As probas de capacitación, e se é o caso, os cursos de formación selectivos, serán preparados e conducidos polo Servicio de Relacións Industriais.

Antes da realización das probas elaboraranse varios tipos de exame, de entre os cales poderá elixir (na comisión) aleatoriamente un deles o mesmo día do exame.

c) Os candidatos preseleccionados en función das probas ou cursos de formación, realizarán -se iso resulta conveniente- unha proba de adaptación práctica para o posto que se trate de cubrir.

d) Os traballadores que se presenten a exame, coñecerán previamente o resultado da avaliación periódica que lles outorgase o Dpto./servicio ó que pertencen.

e) O comité de empresa será informado da data e características da convocatoria, así como das súas incidencias e resultados.

f) A avaliación final das probas será realizada por unha comisión integrada por:

-O xefe do departamento do posto que se vai cubrir.

-1 representante do Servicio de Relacións Industriais (Recursos Humanos).

-1 representante elixido polo comité de empresa, asegurándose que reúna as condicións necesarias para unha adecuada avaliación das probas.

14.3. Promocións.

2.1. Considerarase promoción o acceso a un posto de traballo de maior nivel económico, sen que iso implique variación do nivel profesional.

2.2. As vacantes de promoción serán cubertas por procedemento similar ó de ascensos. Non obstante, poderase realizar unha primeira convocatoria, restrinxida ó persoal do mesmo grupo profesional e mesmo departamento ou servicio ó que pertence o posto que se vai cubrir, mediante un procedemento simplificado pero coa mesma participación do comité.

2.3. En calquera caso, e para ámbolos procedementos, a cobertura de vacantes estará orientada polos criterios seguintes:

-Máximo aproveitamento da experiencia dos recursos humanos dispoñibles (prácticas acreditadas no posto, desempeño doutros similares, etc.).

-Óptimo aproveitamento destes mesmos recursos (acomodación de excedentes, adaptación de traballadores diminuídos, reducción de garantías persoais, etc.).

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada e horarios de traballo.

1. Xornada.

A xornada de traballo establécese para todo o persoal en 1.728 h. efectivas, en cómputo anual.

2. Horarios.

2.1. Xornada fraccionada.

-Do 1 de xaneiro ó 31 de maio:

Entrada ás 8 h.

Saída ás 17.17 h.

Con 1 hora de parada para comer.

Venres: entrada ás 8 h e saída ás 15 h.

Sábados libres.

-Do 1 de outubro ó 31 de decembro:

Entrada ás 8 h.

Saída ás 17.17 h.

Con 1 hora de para comer.

Venres: de 8 h a 15 h.

Sábados libres.

-Do 1 de xuño ó 30 de setembro:

Entrada ás 8 h.

Saída ás 15 h.

Descanso retribuído de 25 minutos.

Sábados libres.

En concordancia co cómputo horario anual establecido, consideraranse días non laborables, para o persoal suxeito ó réxime de xornada fraccionada, e durante 1996 os seguintes:

-12 de febreiro.

-25 de agosto.

-24 de decembro.

-31 de decembro.

Para 1997 e 1988 manteranse os mesmos días de traballo e estructura horaria.

2.2. Quendas:

Os horarios para os distintos relevos son:

Primeiro relevo: de 6 a 14 h.

Segundo relevo: de 14 a 22 h.

Terceiro relevo: de 22 a 6 h.

O traballador suxeito a este réxime desfrutará dun descanso intermedio retribuído de 30 minutos efectivos.

Ó traballador suxeito ó réxime de quendas que entre o final da súa xornada e o comezo da seguinte non lle medien 14 horas de descanso, por seren requiridos os seus servicios na empresa, consideraranse como exceso de xornada as horas que faltan ata o cómputo de 14 horas.

Non se considerarán, para estes efectos, as horas debida a cambios de quendas efectuados a petición do traballador.

Nos casos que, por necesidades do servicio, o exceso de xornada non poida ser compensado con descanso, retribuirase como extraordinario.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no seu posto de traballo.

3. Cambios de quenda e descanso.

Os traballadores que efectúen su traballo en réxime de quendas rotativas, poderán intercambialas, así como os descansos, sempre que:

a) Pertenzan á mesma instalación.

b) Desempeñen a mesma profesión ou especialización intimamente relacionadas.

c) Quede debidamente cuberto o servicio, a criterio do mando.

d) O notifiquen, por escrito, previamente, ó seu mando inmediato.

Así mesmo, poderá autorizarse o cambio de quenda ou descanso, sen que sexa preciso o cambio con outro traballador, cando iso non cause prexuízo nin ás instalacións, producción ou a un terceiro.

Igualmente, con carácter excepcional e sempre que concorran circunstancias que o xustifiquen, os traballadores a quendas ós que lles corresponda realiza-lo relevo poderán de mutuo acordo adiantar ou atrasa-lo dito relevo por un período máximo dunha hora e nas condicións e límites antes sinalados. En ningún caso terá efecto económico ningún.

4. Prolongación de xornada en traballo a quendas.

O traballador que efectúa o seu traballo en réxime de quendas rotativas, só se verá obrigado a dobralo, logo de notificación escrita, para cada período de ausencia do seu relevo, o primeiro día do dito período, e sempre que esta ausencia non fose notificada coa suficiente antelación.

Non obstante o anterior, nos departamentos ou servicios nos que, na composición de cada un das distintos quendas, exista máis dun posto de traballo igual, establecerase un réxime rotativo de obrigatoriedade na dobraxe, para efectos de que no transcurso dun mes natural, en condicións normais, non se vexa obrigada unha mesma persoa a dobrar máis dunha vez.

Así mesmo, nas instalacións que o permitan, e sempre que o réxime de traballo que se vaia adoptar o faga factible, a obrigada prolongación de xornada a que se alude nos parágrafos anteriores, non superará o límite de 4 horas, por cada unha de elas.

5. Correquendas.

Sempre que se produza unha ausencia nos postos de traballo onde exista correquendas, este cubrirá as ausencias logo de aviso do seu mando inmediato, que procurará designalo de forma rotativa.

6. Descanso programado.

Os traballadores suxeitos ó réxime de quendas desfrutarán os descansos programados nun número de ciclos ó ano non inferior a tres nin superior a cinco.

Artigo 16º.-Vacacións.

1. Duración.

Os traballadores en situación de alta en cadro de persoal, acreditado ou previsto ó longo de todo o ano, terán dereito ós seguintes días de vacacións:

-Persoal de xornada normal: 22 días laborables.

-Persoal de quendas: 30 días naturais.

A duración das vacacións dos traballadores sen dereito ó desfrute completo, calcularase en proporción ó tempo de permanencia en cadro de persoal,

acreditado ou previsto, dentro do ano natural de que se trate.

2. Desfrute.

1) Como norma xeral as vacacións desfrutaranse da forma seguinte:

-Persoal de xornada normal.

20 días laborables consecutivos e un segundo período de 2 días laborables.

-Persoal a quendas.

28 días naturais consecutivos e un segundo período de 2 días laborables.

En ámbolos casos, os 2 días laborables, que poderán desfrutarse de maneira conxunta ou separadamente, serán de libre disposición, sempre que as necesidades do servicio o permitan, a criterio do mando, quen non porá obxeccións se existe posibilidade de substitución ou esta non fose necesaria.

No suposto de que fose solicitado o desfrute destes 2 días nunhas mesmas datas, por un número de persoas superior ó permitido para un cubrimento razoable e necesario do servicio, para determina-la orde de prioridade seguiranse os seguintes criterios de prelación:

1º) Terán preferencia aqueles traballadores que deban desfruta-lo groso das súas vacacións fóra do período preferencial.

2º) No suposto de que, unha vez aplicado o criterio anterior, seguise superando o número de solicitantes ó permitido, atenderanse segundo a orde de petición.

2) A petición do traballador, logo de acordo coa xefatura do seu departamento ou servicio, e sempre que as necesidades do servicio o permitan, poderá desfruta-las vacacións en dous períodos de duración distinta á indicada no punto anterior.

Neste suposto, e para o persoal do que as vacacións se computan en días naturais, os días contabilizados como vacacións serán o primeiro laborable e o último natural non traballados, así como tódolos días naturais comprendidos entre ambos.

3) Os traballadores poderán intercambia-lo seu período de vacacións sempre que:

a) Pertenzan á mesma instalación.

b) Desempeñen a mesma profesión ou especialización intimamente relacionada.

c) Quede debidamente cuberto o servicio, a criterio do mando.

d) O notifiquen por escrito, previamente, ó mando inmediato.

Así mesmo poderá autorizarse, sen que sexa preciso o cambio con outro traballador, cando iso non cause prexuízo ás instalacións, producción ou a un terceiro.

3. Época de desfrute.

As vacacións serán desfrutadas en réxime rotativo, ó longo de todo o ano.

Sen prexuízo do anterior, nos departamentos ou servicios en que o réxime de traballo e as dotacións de persoal o permitan, tenderase a establece-lo desfrute delas en períodos máis próximos á época preferencial, a que se refire o parágrafo que segue.

O persoal que desfrute a súa tanda de vacacións entre o 16 de setembro e o 15 de xuño, ambos inclusive, percibirá un complemento, por cada día natural nestas condicións; os seus valores unitarios recóllense no anexo II.

Non se percibirá tal plus cando o desfrute de vacacións no aludido período o sexa por petición do propio traballador.

En todo caso as vacacións deberán estar previamente programadas, establecéndose para iso o correspondente calendario, na forma en que se indica no punto seguinte.

4. Calendario.

A dirección da empresa confeccionará o calendario de vacacións que deberá estar finalizado antes do 1 de decembro de cada ano. Este calendario responderá ós criterios seguintes:

1º Faranse, na medida do posible, agrupacións do persoal con funcións intercambiables para distribuílos uniformemente nas diferentes tandas.

2º Establecerase un réxime de rotación, o máis uniformemente posible, de forma tal que o desfrute das vacacións corresponda a períodos alternativos dentro de cada época do ano.

Unha copia do dito calendario será exposta no taboleiro de anuncios do servicio ou departamento correspondente, remitíndose copia ó Servicio de R. Humanos e ó comité de empresa.

5. Reclamacións.

Dentro dos 30 días naturais seguintes á publicación do calendario de vacacións, os traballadores poderán elevar a través dos seus respectivos mandos, ós seus xefes de departamento ou servicio, as reclamacións e alegacións que consideren oportunas.

O xefe de departamento ou servicio correspondente resolveraas informando diso ó interesado e realizando, se é o caso, de seren resoltas favorablemente, as correccións oportunas no calendario.

No suposto de desestimarse a reclamación, o traballador afectado poderá elevar esta, a través do comité de empresa, á dirección, que resolverá no prazo de 15 días seguintes á súa recepción.

Concluído o prazo sinalado para formula-las reclamacións, sen terse presentado ningunha, ou unha vez resoltas as presentadas, quedará confeccionado o calendario definitivo, do que se dará coñecemento ó persoal.

6. Obrigatoriedade de desfrute.

As vacacións deberán iniciarse obrigatoriamente dentro do ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

Como únicas excepcións establécense os casos do persoal que, estando de baixa por enfermidade ou accidente, devengue vacacións e non poida desfrutarlas dentro do ano natural.

Este persoal, inmediatamente despois da data da súa alta e antes de incorporarse ó seu posto de traballo, desfrutará as vacacións pendentes.

7. Casos especiais.

1) O tempo de permanencia no servicio militar e en excedencias non produce dereito a vacacións.

2) Polo contrario, non suporán perda de tal dereito os períodos de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, sempre que estes non superen 11 meses dentro do ano natural a que aquelas se refiren sen prexuízo da percepción da bolsa de vacacións.

3) O persoal que, encontrándose desfrutando as súas vacacións, causara baixa por enfermidade ou accidente, interromperá aquelas mentres subsista a dita baixa. Unha vez obtida a alta reincorporarase á súa tanda de vacacións. No suposto de que a aludida tanda de vacacións xa rematase, incorporarase ó traballo, desfrutando os días pendentes cando o permitan as necesidades do servicio.

8. Liquidación vacacións.

O pagamento das vacacións efectuarase, para todo o persoal que o solicite, antes do seu desfrute, mediante unha cantidade calculada por redondeo que se aproxime ó que debería percibir na mensualidade correspondente. Este importe non terá a consideración de anticipo.

Artigo 17º.-Permisos e licencias.

1. Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a retribución, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

1) 15 días naturais en caso de matrimonio.

2) 4 días laborables nos casos de nacemento de fillos.

3) 3 días naturais nos casos de enfermidade grave ou falecemento de: pais, fillos, avós, cónxuxe, netos e irmáns de calquera dos cónxuxes ou similares, sempre que estes últimos (similares), acrediten a convivencia, que será ampliado en dous días naturais máis, cando, polo dito motivo, o traballador necesite realizar un desprazamento superior a 75 km., desde o centro de traballo.

No caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe o traballador disporá dun día máis de permiso.

4) 1 día natural por traslado do domicilio habitual.

5) 1 día natural en caso de matrimonio de pais, fillos ou irmáns do propio traballador ou cónxuxe.

6) Para traballadores suxeitos ó réxime de quenda, e sempre que a celebración coincida con día de traballo da súa quenda, concederase un permiso dun día natural nos supostos de Primeira Comuñón ou acto extraordinario doutra confesión relixiosa, por unha soa vez para cada fillo que non alcanzase a maioría de idade.

7) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas, cando, coincidendo o horario de consulta co de traballo, se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral da Seguridade Social ou o médico da empresa, debendo presentar previamente o traballador o volante xustificativo da referida prescrición médica.

Nos demais casos de consulta médica, ata o límite de 16 horas ó ano. O tempo concedido enténdese por tempo necesario para face-la consulta, non obstante queda a criterio do traballador a utilización de xornadas completas co mesmo límite anual de 16 horas.

8) Polo tempo necesario para asistir a consultas médicas de especialistas da Seguridade Social, ou centros especializados, para todos aqueles traballadores que teñan familiares diminuídos físicos ou psíquicos, incluídos como beneficiarios do seguro social do propio traballador, co límite máximo dun día por mes.

9) En caso de consulta médica a especialistas, para pais, fillos e cónxuxe ou similar (debendo este último acredita-la convivencia) cando as especialidades que se van consultar non estean cubertas nun radio de 75 Km, ata un límite de 16 horas ó ano por traballador. O tempo concedido enténdese por tempo necesario para face-la consulta; non obstante, queda a criterio do traballador a utilización de xornadas completas co mesmo límite anual de 16 horas.

2. Permisos non retribuídos.

En casos suficientemente xustificados, logo de petición ó mando inmediato e sempre que as necesidades do servicio o permitan, poderán concederse permisos non retribuídos, polo tempo indispensable en cada caso.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 18º.-Consideracións xerais.

1. Tanto a empresa como os traballadores participarán no pagamento dos impostos e cotas da Seguridade Social na forma que legalmente corresponda.

2. En todo o texto do presente convenio, onde queira que se fale de pesetas, entenderase que son brutas.

Artigo 19º.-Pacto de retribución global.

A presente estructura retributiva configúrase co carácter de pacto de retribución global.

Artigo 20º.-Retribución: conceptos que a integran.

Os distintos conceptos que integran a estructura retributiva son:

1. Salario ou soldo base.

2. Complementos persoais:

-Plus de antigüidade.

3. Complementos de posto de traballo:

-Plus de nocturnidade.

-Plus de quendas.

-Plus por réxime especial de traballo (R.E.T.).

4. Complemento réxime especial de traballo.

-Plus de destacado.

-Plus de desfrute de vacacións en época non preferencial.

-Pluses varios.

5. Complementos por calidade ou cantidade de traballo:

-Horas extraordinarias.

6. De vencemento superior ó mes:

-Gratificacións extraordinarias.

-Bolsa de vacacións.

Os conceptos retributivos mencionados increméntanse, en cómputo anual, de acordo co recollido nas táboas salariais que se xuntan como número I.

Artigo 21º.-Retribución: regulación dos distintos conceptos.

1. Soldo ou salario base.

Os valores para cada un dos distintos niveis e graos son os que figuran no anexo I.

A súa percepción devéngase de acordo con:

-Tempo realmente traballado.

-Domingos e festivos.

-Permisos e licencias retribuídas.

-Vacacións.

-E, en xeral, por calquera situación que dese dereito a percepción do salario.

2. Plus de antigüidade.

En concepto de antigüidade percibirase un primeiro e único quinquenio do 5% do salario base a partir do cal se percibirán sucesivos trienios do 5% do salario base.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en ningún caso, supoñer máis do 60%, como máximo.

Os valores unitarios para cada nivel e grao figuran no anexo I.

Darán dereito á súa percepción as mesmas circunstancias referidas no apartado 21º.1, respecto ó soldo ou salario base.

3. Plus de nocturnidade.

Terá a consideración de traballo nocturno o efectuado entre as 22 e as 6 horas. A súa regulación responderá ós puntos seguintes:

a) Traballando no dito período nocturno máis dunha hora sen exceder de catro, cobrarase a bonificación exclusivamente polas horas traballadas.

b) Se exceden de catro as horas realizadas no período nocturno, devengarase a bonificación correspondente a toda a xornada realizada, estea comprendida ou non en tal período.

c) Quedan excluídos do cobramento deste plus os vixilantes ou porteiros que fosen contratados para realiza-la súa función durante o período de noite expresamente.

Este plus de nocturnidade consistirá na percepción dun complemento; os seus valores unitarios/hora son os que se recollen no anexo I.

Para o persoal de quendas, percibiranse, en vacacións, as horas nocturnas que lle correspondese de ter estado traballando.

4. Plus de quendas.

Polo feito de desempeña-lo traballo en réxime de quendas rotativas percibirase un plus, por cada día realmente traballado nesta situación, cuns valores unitarios que son os que figuran no aludido anexo I.

Para estes efectos, consideraranse días realmente traballados tamén os que lle corresponderían durante o período de vacacións.

Este plus deixarase de percibir, sen que o seu devengo supoña consolidación salarial ningunha, cando, sexa cal for a causa que o determine, se deixe de traballar en réxime de quendas.

Cando, de forma non continuada, se traballase en réxime de quendas máis de 115 días dentro do ano natural, percibirase este plus por tódolos días efectivamente traballados.

De non alcanzarse os 115 días, percibirase unicamente polos días traballados por quendas.

O persoal asignado a correquendas percibirá este plus polos días efectivamente traballados, sexan ou non neste réxime.

5. Plus régimen especial de traballo.

Co fin de compensa-las peculiaridades do traballo en domingos e/ou festivos, establécese, para o persoal suxeito ó réxime de quendas, un plus que se percibirá por cada domingo ou festivo efectivamente traballado e cuns valores unitarios que son os que se recollen no anexo I.

Para estes efectos, o persoal que traballe en domingos e/ou festivos percibirá en vacacións os que lle correspondesen no dito período, se estivese traballando.

6. Complemento réxime especial de traballo.

Os traballadores que, na data do asinamento do presente convenio, viñesen percibindo o complemento R.E.T., percibirán as cantidades que figuran no anexo I, en tanto permanezan en réxime de quendas.

No suposto de que un traballador estivese percibindo o complemento R.E.T., ou antes do 20-6-1984 estivese traballando por quendas, e na data do asinamento do convenio estivese traballando en xornada fraccionada por necesidades do servicio, percibirá as cantidades do anexo I no momento en que se reincorpore ó réxime de traballo a quendas. Cando a realización da xornada fraccionada, o fose a solicitude do traballador, a reincorporación ó traballo a quendas non dará dereito á mencionada percepción.

7. Plus de destacado.

O persoal ocupante dalgún dos postos de traballo relacionados no anexo I, que foron valorados nas condicións ambientais e de traballo propias do taller central percibirá as cantidades que, polo concepto de plus de destacado, se recollen no citado anexo I, sempre que realice traballos noutras instalacións cunhas condicións que sexan sensiblemente distintas ás valoradas.

8. Plus de desfrute de vacacións en época non preferencial.

O persoal que devengue este plus, conforme se indica no apartado 3 do Art. 18 percibirá, por cada día nesta situación, de acordo co seu nivel e grao, as cantidades cuns valores unitarios que se recollen no anexo I.

9. Pluses varios.

En razón das peculiaridades das actividades que a continuación se relacionan, establécense os pluses, os valores dos cales se recollen no anexo I, de acordo cos criterios que se indican en cada caso.

As percepcións que se devenguen polos citados conceptos non serán consolidables e as actividades que dan lugar á súa percepción non serán tidas en conta, en consecuencia, na valoración do posto de traballo, estean ou non recollidas na descrición.

1. Plus por actividades contra incendios.

Percibirano, de entre os ocupantes dos postos de traballo das brigadas de quenda de mantemento, vixilantes xurado e xefes de equipo de vixilancia, aqueles ós que, explicitamente, se lles recoñeza este tipo de actividade.

Este plus devengarase mensualmente, na contía que se fixa no anexo I, deixándose de percibir nos

casos de ausencia ó traballo que non sexa debida a descanso ou vacacións.

2. Plus por actividades en instalacións radioactivas.

Percibirano, de entre os ocupantes dos postos de traballo de instrumentistas e operadores de difracción ou fluorescencia por raios X, aqueles ós que, explicitamente, se lles recoñezan actividades en instalacións ou equipos radioactivos.

Este plus devengarase mensualmente na contía que se fixa no anexo I deixándose de percibir nos casos de ausencia ó traballo que non sexa debida a descanso ou vacacións ou cando, no período mensual correspondente, non se produza actividade ningunha destas características.

3. Plus por actividades de control por gammagrafía.

Percibirano, de entre os operadores de análise estática, aqueles ós que, explicitamente, se lles recoñezan actividades con equipos de control por gammagrafía.

Este plus devengarase mensualmente en función do número de exposicións radiográficas efectuadas co equipo.

No anexo I figuran os valores unitarios.

10. Horas extraordinarias.

As horas de traballo que alcancen a cualificación de extraordinarias serán retribuídas cunha recarga do 75% sobre os valores tipo, segundo se indica no anexo I.

O número de horas extraordinarias, en cumprimento da lexislación vixente, non poderá ser superior a oitenta ó ano.

Para estes efectos non serán computables as realizadas por causa de reparacións perentorias, ausencias imprevistas, fallos de subministración de enerxía e outros motivos fóra da normalidade da producción ou dos servicios.

Para efectos do disposto no Art. 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro e orde ministerial do 1º de marzo de 1983, terán a consideración de horas extraordinarias estructurais as que se realicen para:

-Prolongación de xornada do persoal en réxime de quendas, efectuadas por ausencia do seu relevo, na forma e circunstancias que se indican no artigo 15º, apartado 4 do presente texto.

-Cambios de quenda.

-Adaptación á reducción da xornada que puidese producirse como consecuencia da aplicación do Artº 15º.1, nos casos en que esta puidese producirse.

-Períodos punta de producción ou mantemento.

-Mantemento non preventivo.

-A iniciativa de traballo en horas extraordinarias corresponde á dirección e a libre aceptación ou denegación ó traballador, salvo aquelas, a execución das

cales será obrigatoria, necesarias para efectuar reparacións perentorias ou daquelas avarías que se produzan nas instalacións, fallos de energía eléctrica e outras causas que afecten á marcha normal da producción. Así mesmo, serán de obrigada execución as que sexa preciso realizar con prolongación de xornada no traballo por quendas, na forma e termos que se concretan no Art. 15º, punto 4, antes aludido.

11. Gratificacións extraordinarias.

O número de gratificacións é de dúas:

-Gratificación de xullo.

-Gratificación de Nadal.

Cada unha delas estará composta, cando se devenguen íntegras, por unha mensualidade de soldo ou salario base, máis antigüidade cando proceda.

Aboaranse como máximo o día laborable anterior ó 16 de xullo e 20 de decembro respectivamente.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha de elas por semestres naturais do ano en que se outorguen.

12. Bolsa de vacacións.

Establécese unha bolsa de vacacións, o importe anual da cal se reflicte no anexo I, para tódolos traballadores que devengasen as vacacións completas no ano de que se trate.

O persoal que non devengue as vacacións completas percibirá a parte proporcional correspondente ó número de días devengados.

Estas cantidades serán aboadas a cada traballador na nómina inmediata anterior ó mes en que, segundo o calendario oficial de vacacións, lle corresponda inicia-lo desfrute. No caso de vacacións fraccionadas entenderase o período máis longo, ou o primero deles de ser estes de igual duración.

Capítulo VI

Aspectos asistenciais

Artigo 22º.-Seguro de vida.

Para cubrir, na medida do posible, os riscos derivados de falecemento ou incapacidade total e absoluta do traballador, mantense o seguro colectivo de vida actualmente vixente, que cobre tamén a continxencia de invalidez permanente total, sempre que esta fose declarada polo organismo oficial competente nesta materia e o productor cause baixa na empresa.

A este respecto, convén matizar que a incapacidade total e absoluta asegurada, constitúe un termo da nomenclatura do seguro mercantil contratado e que non ten por qué coincidir ou analogarse coa terminología laboral das incapacidades.

Así mesmo mantense, na forma actual, o reparto no pagamento das primas entre a empresa e os traballadores.

A adscrición a este seguro será voluntaria por parte do traballador.

Da póliza subscrita entre a empresa e a compañía aseguradora, así como dos posibles apéndices a ela que, no futuro, puidesen subscribirse, depositarase unha copia na secretaría do comité de empresa.

Previamente á subscrición ou renovación da póliza, o comité de empresa será informado co obxecto de que propoña outras alternativas se o cre conveniente.

Artigo 23º.-Seguro de viuvez e orfandade.

Existe un seguro complementario de viuvez e orfandade contratado mediante a oportuna póliza colectiva de seguros, das características seguintes:

1. Persoas ás que afecta.

A tódolos casados, ou viúvos con fillos, en activo, con dereito ás correspondentes pensións de viuvez e orfandade da Seguridade Social.

2. Pensións que se van outorgar.

-Viuvez: consistirá no 45% da base complementaria do causante, definida no punto 3.

-Orfandade: Consistirá no 20%, por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado para todo traballo, da base complementaria definida no punto 3.

Entreámbalas pensións de viuvez e orfandade non poderá ser superado o importe da base complementaria.

3. Base complementaria.

A base complementaria defínese como a diferencia entre:

-O 100% dos ingresos reais de media, habidos nos 24 meses anteriores á data do feito causante e

-O 100% da base de cotización individual de media da Seguridade Social no mesmo período.

4. Condicións.

a) Complemento da Seguridade Social.

Estes seguros outorgarán pensións para cada un dos eventos que amparan. A súa concesión, continuidade e perda responderán a idénticas normas e criterios que as pensións da Seguridade Social ás que complementan.

b) Baixa na empresa.

Quen cause baixa na empresa causará baixa simultánea nos seguros.

c) Ingresos reais.

Non terán a consideración de tales: As horas extraordinarias, subsidios e prestacións compensatorias que carecen da consideración de salario.

d) Cobertura de riscos.

A empresa cobre o 80% de cada uno dos riscos asegurados; o traballador cobre o 20% restante. A

cobertura correspondente ó traballador é totalmente voluntaria.

En consecuencia, as pensións que se produzan en razón de cada uno dos indicados seguros, limitaranse ó 80% da contía, se o traballador non cubriu o 20% deles.

e) Invariabilidade.

Estas pensións complementarias non están suxeitas a revisión e non sufrirán máis variacións que as que se deriven do dereito a desfrutalas, total ou parcialmente, segundo se indica no apartado 4.a).

Como é natural, o pensionista beneficiarase, independentemente do anterior, das revisións periódicas que lle outorgue, na súa pensión correspondente, a Seguridade Social.

Artigo 24º.-Comisión para atencións sociais e capacidade diminuída.

Co fin de atender aqueles conceptos asistenciais non incluídos no presente convenio mantense a comisión para atencións sociais e capacidade diminuída.

Os fins desta comisión son os fixados nas súas propias normas de funcionamento, e os seus estatutos figuran como anexo III ó presente convenio.

Basicamente esta comisión responderá ás seguintes formulacións:

Composición.- Estará composta por:

-3 representantes do persoal, nomeados polo comité de empresa.

-1 empregado de e S. X. de R. Humanos.

-1 médico do servicio médico de empresa.

-1 representante da dirección.

Fondos.-Estarán constituídos por:

a) Unha contribución mensual, por cada traballador, consistente nun 0,4% de sus percepcións reais mensuais, excluídas horas extraordinarias.

b) Igual contribución por parte da empresa, que será incrementada nun 0,2% sempre que o índice de absentismo por enfermidade, correspondente ós tres meses anteriores, sexa igual ou inferior ó 3%. Se o dito índice de absentismo estivese comprendido, no mesmo período, entre o 3% e o 4,75%, o 0,2% a que se fixo referencia aplicarase exclusivamente sobre o soldo ou salario base mensual, deixándose de achegar cando o referido índice de absentismo por enfermidade exceda do 4,75%.

Para estes efectos, o cálculo do índice de absentismo efectuarase da forma seguinte:

Horas perdidas enfermidade

I.ABS.= x 100

Horas totais teóricas

c) Calquera outra cantidade que puidese recadarse.

Recoñéceselle á empresa a facultade de cesar na súa contribución se os fondos fosen destinados a

fins distintos ós que se recollen nos aludidos estatutos.

Artigo 25º.-Complementos por enfermidade.

Con cargo ó fondo de axuda, o traballador en situación de baixa por enfermidade, percibirá as axudas ou complementos ás prestacións da Seguridade Social que se detallan:

-Unha axuda, equivalente ó salario base, antigüidade e complementos de posto (de cantidade e/ou calidade) de ata tres días por cada ano natural, aplicable ós tres primeros días de baixa, independentes ou acumulados.

-Un complemento diario á prestación económica da Seguridade Social, a partir do cuarto día de baixa, ata alcanza-lo importe do salario base, antigüidade e complemento de posto (de cantidade e/ou calidade).

Se a enfermidade padecida comporta internamento sanatorial ou hospitalario, o complemento percibirase desde o primeiro día.

O cobramento dos complementos de posto está supeditado a que o índice de absentismo por enfermidade, nos tres meses anteriores, non supere o 3,75% e a que, obviamente o fondo de axuda conte, de acordo co establecido no artigo anterior, con liquidez suficiente para facer fronte ó pagamento das ditas axudas.

Artigo 26º.-Complemento por accidente de traballo.

Nos casos de accidente de traballo, complementarase a prestación do seguro ata alcanza-lo 100% do salario real, entendéndose por salario real, ou soldo base máis antigüidade e complemento de posto de traballo e calidade/cantidade.

Os accidentes in itinere deberán acreditarse suficientemente.

Artigo 27º.-Anticipos.

1. Con cargo ós salarios xa devengados, e ó amparo do artigo 29 do Estatuto dos traballadores, poderán obterse anticipos con límite na retribución acreditada ata o momento da súa solicitude.

Con este mesmo criterio, poderase tamén obtener anticipos sobre as pagas extraordinarias.

2. Non obstante, tamén poderán percibirse, por un máximo de dúas veces ó ano, ata un límite do 90% do soldo mensual.

3. A petición deberá ser formulada, polo menos, cun día de antelación e, en ámbolos casos, antes do día 20 de cada mes.

Artigo 28º.-Préstamos.

O saldo máximo constante do fondo con destino a préstamos fíxase en vinte millóns de pesetas.

1. Condicións, límites e prazos.

a) Cantidades máximas e prazos de devolución:

-Ata 250.000 pesetas, que se deberán cancelar no prazo de 12 meses.

-Ata 500.000 pesetas, en caso de enfermidade do traballador ou algún dos seus familiares directos, xustificada suficientemente a necesidade. O prazo de devolución será de 20 meses, a menos que se concerte un prazo menor de amortización.

A amortización do préstamo suspenderase nos supostos previstos no Art. 45 do Estatuto dos traballadores, exceptuándose o caso de incapacidade laboral transitoria.

b) Estes préstamos non devengarán xuros.

2. Procedemento.

a) Solicitudes: as peticións poderán ser cursadas a través dos respectivos xefes de departamento ou servicio, ou ben a través do comité de empresa.

En ámbolos casos serán remitidas á comisión de atencións sociais.

b) Concesión: as peticións serán estudiadas e resoltas pola Comisión de Atencións Sociais. En caso de non acordo, decidirá a dirección.

3. Orientacións para a concesión.

a) Deberán estar debidamente xustificadas.

b) Deberán ter tratamento prioritario as situacións de infortunio de especial importancia e/ou gravidade.

c) Sucesivamente, atenderanse outros estados de necesidade que serán graduados, en canto a prioridade, de acordo coas circunstancias.

d) Constituirá unha preferencia cualitativa xeral o feito de non ter recibido anteriormente outro préstamo.

Artigo 29º.-Axudas ó estudio para fillos do persoal.

Coa finalidade de paliar en parte as deficiencias existentes na zona, no referente a infraestructura académica, emprenderanse as seguintes accións:

a) Análise das necesidades reais de axudas para fillos de productores, para cursar fóra da zona, estudios oficiais de grao medio ou superior. A dita análise efectuarase, conxuntamente, entre representantes da dirección e dos traballadores.

b) Contribución da empresa, a través do fondo de axuda, dunha cantidade en 1997 de ata 3.000.000 de pesetas. Esta cantidade, que en 1998 se actualizará na mesma contía, que o farán as táboas salariais, será incrementada en 1999 na contía necesaria para a concesión de axudas a estudios universitarios medios e superiores, COU, BUP, FP2 ou equivalentes, na mesma contía que nese ano exista para o persoal excluído de convenio.

Esta cantidade destinarase exclusivamente para o dito fin, e complementarán os importes previstos actualmente nos estatutos do fondo de axuda.

Artigo 29º bis.-Axuda para odontoloxía.

Subvencionarase o 50% do importe dos gastos soportados en facturas, por consultas, radiografías, extraccións, próteses e reposición de pezas, salvo metais preciosos e cerámicos ou similares. A contía máxima do gasto será de 300.000 ptas. anuais por unidade familiar.

A súa efectividade será a partir do 1-1-97.

Artigo 30º.-Transporte do persoal.

Mantense vixente o actual sistema de transporte de persoal a e desde fábrica, co percorrido e frecuencias actualmente establecidas, sen custo ningún para o persoal.

Artigo 31º.-Transporte interno ó comedor.

Durante o período de xornada fraccionada, organizarase un sistema de transporte interno no complexo, nas horas normais de comida, para facilitarlle ó persoal o acceso ó comedor desde as inmediacións do seu posto de traballo, e o retorno a el.

Artigo 32º.-Colonia infantil.

Neste tema haberá que aterse ó reflectido na acta do acordo do 19 de xuño de 1996 entre centrais sindicais/Grupo Inespal.

Capítulo VII

Acción sindical na empresa

Artigo 33º.-Principios xerais.

O exercicio de acción sindical recoñécese e ampárase no marco do pleno respecto ós dereitos e liberdades que a Constitución garante.

Artigo 34º.-Do comité de empresa.

1. O comité de empresa é o máximo órgano de representación colexiada do persoal no centro de traballo.

2. Os compoñentes do comité de empresa disporán dun máximo de 40 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

As ditas horas poderán ser computadas globalmente en forma mensual ou bimestral e distribuídas entre os seus membros, segundo criterio do propio comité.

Quedarán excluídas do conxunto destas horas as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa, comité de seguridade e higiene, negociación colectiva, e as dedicadas ás reunións preceptivas da xunta de economato.

Excepcionalmente, os compoñentes do comité de empresa, poderán desfrutar, logo de aviso cunha semana de antelación dunha licencia anual non retribuída de ata 15 días, para asistir a cursos de formación sindical.

3. Mensualmente, os servicios xerais de Recursos Humanos porán á disposición do comité de empresa bonos xustificativos de ausencia ó traballo, debéndose comunicar ó xefe inmediato a non asistencia

o día anterior, salvo casos urxentes e excepcionais en que non sexa posible cumprir este prazo de aviso previo. Neste caso, avisarase coa maior antelación posible, a través dos servicios xerais de Recursos Humanos.

4. O comité de empresa disporá dun local adecuado para o desenvolvemento das súas funcións. Así mesmo, disporá de taboleiros de anuncios en distintas dependencias do centro de traballo, debendo cumpri-las mínimas garantías de inviolabilidade.

De todo o exposto no taboleiro de anuncios entregarase copia á Xefatura de S.X. de R. Humanos e deberá llevar sistematicamente o selo do comité.

5. Mensualmente, a empresa porá a disposición do comité de empresa a cantidade de 15.000 pesetas para a cobertura dos gastos producidos no desempeño do seu cometido.

Artigo 35º.-Dereitos do comité á información.

Sen prexuízo dos dereitos que, especificamente e ó longo do texto do convenio, se acordaron, e do previsto no Estatuto dos traballadores, o comité de empresa deberá estar informado sobre as materias e aspectos seguintes:

1º) En xeral, os asuntos que poidan relacionarse coa problemática do persoal.

2º) A evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, a situación da producción e das vendas, o programa de producción e a evolución probable do emprego na empresa.

Esta información será facilitada trimestralmente.

3º) O balance, a conta de resultados, a memoria e demais documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

4º) Os modelos de contrato de traballo escrito que utiliza a empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

5º) Os casos de sanción por faltas cualificadas de graves ou moi graves, coa dobre finalidade de:

-Obter audiencia ante a dirección antes de que se adopte resolución.

-Emitir informe razoado, no prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data en que se solicite.

6º) As estatísticas sobre índices de absentismo e as súas causas; os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias; os índices de sinistralidade; os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

Esta información facilitarase trimestralmente.

7º) O número de horas extraordinarias efectuadas, desagregadas por departamentos e o número de persoas que as realizaron.

-O número de traballadores contratados temporalmente.

-A evolución do cadro de persoal, con expresión do número de altas e baixas que se producisen.

Estas informacións facilitaranse mensualmente.

Artigo 36º.-Garantías do comité.

Os membros do comité de empresa, como representantes legais dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio, no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado da súa propia sección sindical.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) No ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro dos dous anos seguintes á terminación do seu mandato, ou demisión, se é o caso, sempre que o despedimento ou sanción se base na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, por tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar colexiadamente, e con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo previamente á empresa.

Artigo 37º.-Seccións sindicais.

1. A dirección recoñece a existencia de seccións sindicais no seo da empresa e o dereito a estar representados conforme o disposto na lexislación vixente.

2. As actuacións, garantías, dereitos e obrigas do delegado e da correspondente sección sindical, rexeranse polos acordos seguintes:

a) O delegado, mentres se manteña no exercicio do seu cargo, gozará das garantías e dereitos outorgados pola lexislación vixente ou polo presente convenio ós membros do comité.

b) A sección, a través do seu delegado, poderá realizar propaganda sindical e emitir comunicacións en taboleiros de anuncios ou carteis independentes instalados en lugares de concorrencia xeral do cadro de persoal, previamente autorizados.

As publicacións serán comunicadas, previamente, ós servicios xerais de Recursos Humanos. Serán identificables e a central correspondente responsabilizarase do seu contido.

c) Disporán dun local cada unha de elas no que poidan:

-Contar con medios de arquivo e documentación independentes.

-Celebrar reunións ou sesións de traballo.

d) O cobramento das cotas sindicais poderá levarse a cabo, opcionalmente:

-De forma directa, dentro do horario de traballo, aínda que sen interrompe-lo proceso productivo.

-A través do Servicio de Nóminas, logo de autorización expresa do interesado. Neste caso, os movementos de altas, baixas ou calquera outra variación terán efecto, en nómina, mensualmente.

e) Poderá convocar asamblea, fóra de horas de traballo e con autorización previa da dirección.

3. A dirección da empresa fai constar que a súa actitude con respecto ás distintas seccións sindicais se axustará ós principios de neutralidade e equidade de tratamento nas súas relacións.

4. A excedencia por dedicación plena a actividades sindicais axustarase ó disposto nos artigos 46.4 e 45.k) do Estatuto dos traballadores.

O seu desfrute, ó amparo deste acordo, limitarase a un caso por cada central sindical con implantación suficiente para dispoñer de delegado.

Artigo 38º.-Dereitos de reunión e asemblea.

O persoal poderá reunirse en asemblea nos locais da empresa, fóra das horas de traballo, con comunicación previa á dirección.

Logo de acordo coa dirección da empresa, poderán celebrarse, en horas de traballo, ata un máximo de 3 asembleas ó ano dunha hora de duración cada unha.

O dereito de asistencia a elas non alcanza ó persoal que, durante este tempo, estivese prestando os seus servicios en réxime de quendas ou implicado en labores ou reparacións que poidan afecta-la boa marcha das instalacións.

Os días en que se celebren asembleas, os autobuses poderán atrasa-la súa saída ata finalizar aquelas, sen que tal atraso supoña prolongación de xornada.

A asemblea poderá ser convocada polo comité de empresa, ou por un número de traballadores non inferior ó 10% do cadro de persoal.

A orde do día da asemblea será elaborada polos convocantes, que a presidirán e serán responsables dela.

Capítulo VIII

Disposicións complementarias

Artigo 39º.-Roupa de traballo.

1. Catálogo de pezas de roupa.

Este concepto vén regulado mediante instrucción interna, número I-44.11, na que se recolle o tipo, número e duración das pezas que compoñen as dotacións dos distintos postos de traballo.

2. Uso da roupa.

O uso de tales pezas deberá suxeitarse ás seguintes regras:

a) Os seus usuarios están obrigados a presentarse con elas nos seus postos de traballo.

b) Deberán poñe-la debida dilixencia na súa conservación e limpeza, sendo pola súa conta o aseo e pranchado delas.

c) Por ser propiedade da empresa, só poderán usarse durante as horas de servicio.

Os uniformes poderán levarse tanto á ida como á volta do traballo, pero téndoos sempre ó entrar en servicio.

d) Se durante a vida asignada ás pezas cesaran os seus usuarios no servicio da empresa, están obrigados a devolve-las últimas que recibisen.

e) Terminado o período de vida, ou cando fosen dadas de baixa, pasarán a ser propiedade dos seus usuarios, pero os uniformes non poderán ser nunca usados en público sen expresa autorización da empresa.

Artigo 40º.-Comité de seguridade e saúde.

O actual comité central de seguridade e hixiene continuará asumindo as competencias e actividades que a Lei de prevención de riscos laborais asigna ó comité de seguridade e saúde sen prexuízo de que, logo de acordo das partes, se establezan as modificacións que se consideren necesarias para a obtención dun maior nivel de prevención no centro de traballo.

A composición deste comité será a que determine a Lei de prevención de riscos laborais.

O citado comité celebrará, obrigatoriamente, unha reunión mensual. Sempre que o acorde o presidente por iniciativa propia ou a petición de tres ou máis dos seus compoñentes, celebraranse reunións extraordinarias.

Os membros deste comité que representan ós traballadores poderán celebrar reunións preparatorias.

Na convocatoria das reunións citarase a orde do día.

Levantarase acta de tódalas reunións, remitindo unha delas ó comité de empresa.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores comprométense a impulsar calquera acción que tenda á mellora da seguridade e saúde laboral no complexo e, neste sentido, a potenciar ó máximo a actuación dos subcomités de área.

Artigo 41º.-Subvención de comidas.

No caso de prolongación de xornada, que afecte os horarios habituais de comida, a empresa facilitará que esta se poida levar a efecto. Para iso aboará o importe dela. No suposto de que esta poida realizarse en horas de funcionamento do comedor da

fábrica, reembolsarase o valor do ticket correspondente.

Artigo 42º.-Despedimento por causas obxectivas, comunicación previa.

Nos supostos de despedimento individual baseado en causas obxectivas, a que fai referencia o Art. 52 do ET, con anterioridade á preceptiva notificación por escrito ó traballador afectado, comunicarase tal decisión ó comité de empresa, quen no prazo de 72 horas emitirá informe ó respecto, o cal non terá carácter vinculante.

Artigo 43º.-Capacidade diminuída.

1. Definición.

Serán considerados como persoal de capacidade diminuída aqueles traballadores que sufrisen unha limitación funcional ou psíquica, derivada tanto de enfermidade como de accidente, sexa ou non laboral, ou desgaste físico natural por razón da idade, que, sen que supoña unha diminución invalidante total ou absoluta, afecte os traballos da súa profesión habitual e impida o desenvolvemento deles de forma correcta e completa.

2. Declaración da incapacidade.

A declaración desta situación poderá efectuarse:

1) A través da cualificación oficial como invalidez permanente parcial.

2) A través do servicio médico de empresa.

En ámbolos supostos o servicio médico de empresa estudiará o caso por proposta dalgunha das seguintes fontes:

a) O propio interesado.

b) O xefe do departamento ou servicio correspondente.

c) A iniciativa do propio Servicio Médico, de acordo cos recoñecementos periódicos e historial clínico, cando detecte unha incompatibilidade manifiesta do traballador no posto que desempeña ou que puidese afectar claramente a seguridade de persoas e/ou instalacións.

3. Adaptación do traballador.

-Determinada a diminución de capacidade, de acordo co procedemento establecido, o traballador será destinado a un posto compatible coas súas posibilidades, se o houber.

-En colaboración coa comisión de atencións sociais e capacidade diminuída, a dirección da empresa elaborará unha lista de postos de traballo, entre os existentes en cada momento, apropiados para persoas de capacidade diminuída.

-A dispoñibilidade de vacantes para solucionar estas situacións será estudiada e, oídas as suxestións do comité de empresa, determinada pola dirección, en cada caso concreto, tendo en conta as circunstancias que concorran.

-Co fin de habilitar vacantes nos postos de traballo adecuados para traballadores diminuídos (segundo lista anterior), acórdanse as medidas seguintes:

a) Utilización da mobilidade funcional de titulares de postos aptos para diminuídos, os cales, en caso de pasaren a un posto de nivel inferior, conservarán a retribución do da orixe, a título persoal.

b) Utilización das situacións transitorias previstas nas normas da Seguridade Social (incapacidade laboral transitoria, invalidez provisional) coa fin de conseguir un maior prazo de espera para facilita-la oportunidade de vacante.

-Para asegura-lo éxito das accións anteriores, programaranse actividades formativas e de reciclaxe para o persoal afectado.

-Esgotadas estas medidas e previsións sen éxito, tomarase decisión definitiva sobre o caso.

4. Garantías salariais en caso de cambio de posto.

Nestes supostos manteranse as retribucións básicas correspondentes ó posto de orixe (salario base e antigüidade), e os complementos de posto (de cantidade e/ou calidade) calcularanse de acordo co nivel do posto efectivamente desempeñado.

A aplicación do disposto no presente artigo retrotraerase ó 1-1-1996 para aquelas persoas que, con anterioridade ó asinamento deste convenio, sufrisen diminución de nivel salarial como consecuencia de cambio de posto motivado por diminución de capacidade.

5. Garantías organizativas.

a) Se, existindo posibilidade de adaptación do traballador diminuído, mediante algunha das previsións deste acordo, o traballador as rexeitase, haberá que aterse ó que dispoña a lexislación vixente.

b) Se o traballador que se encontre en desfrute de garantía persoal, orixinada por un cambio de posto debido a diminución de capacidade, rexeitase un posto de traballo no que poida reducir ou extingui-la súa garantía, conservará a que lle correspondería se aceptase o posto ofrecido.

c) Se se producise recuperación constatada de capacidade, de forma total ou parcial, o traballador quedará dispoñible para mobilidade funcional que propicie vacante en favor doutro traballador diminuído.

6. Invalidez provisional derivada de accidente de traballo.

Durante a situación de invalidez provisional derivada de accidente laboral, o traballador terá dereito a percibi-la diferencia entre a prestación derivada da dita continxencia e o salario mensual base máis antigüidade.

A dita diferencia non abarcará as gratificacións extraordinarias establecidas en convenio.

Artigo 44º.-Bilingüismo.

Os textos de convenio colectivo serán publicados en español e en galego.

Na medida do posible, tenderase á publicación en ámbolos dous idiomas daqueles escritos que sexan considerados de máximo interese xeral.

Artigo 45º.-Seguro contra incendios.

Para o persoal que desenvolve actividades contra incendios, e que non estivese adscrito ó seguro de vida recollido no Art. 24, a empresa subscribirá unha póliza que cubrirá o 50% do capital previsto no dito seguro de vida.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Artigo 46º.-Solución extraxudicial de conflictos colectivos.

Os conflictos de traballo que durante a vixencia do presente convenio puidesen suscitarse someteranse ó procedemento regulado no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), logo do coñecemento en primeira instancia pola comisión paritaria do convenio. Alternativamente poderase acudir ó procedemento regulado no ASEC.

Artigo 47º.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a presente comisión, composta por tres representantes dos traballadores e tres representantes da dirección da empresa, en ámbolos dous casos elixidos de entre os que formaron parte da comisión deliberadora do presente convenio.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría dos dous tercios.

No caso de desacordo na comisión e tratándose dun conflicto colectivo, someterase ó procedemento regulado no AGA ou ASEC.

Artigo 48º.-Garantías persoais.

Respéctanse as condicións globais máis beneficiosas que, a título persoal, puidese ter calquera traballador afectado polo presente convenio.

Artigo 49º.-Disposicións legais futuras.

As disposicións legais futuras que impliquen variación en todos ou algúns dos conceptos retributivos pactados, unicamente operarán se, globalmente considerados e sumados ós regulamentarios vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel total deste.

Artigo 50º.-Garantía complementaria.

Para o non previsto no presente convenio, rexerá o disposto nas disposicións legais en vigor.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS P.I.C. ANO 1997

(Valores provisionais)

Producc. e mantemento.

Valores unitarios.

Relacións Indust.: 2-1-1997.

Nivel

grao

Soldo base

(mensual)

Quinquenio

(mensual)

Trienio

(mensual)

Quenda

(V. día)

Nocturnidade

(V. hora)

Plus Ret.

(V. día)

Compl.

Ret.

(mensual)

Plus vacacións

Bolsa

vacacións

D. Natur.D. Labor.

C146.4227.3217.3214751751.6678.13073299968.672
21 B147.9977.4007.4004771771.6888.2357361.00568.872
A149.4697.4737.4734861771.7058.3437481.01868.872

C150.1017.5057.5054871781.7078.3817491.02168.872
22 B152.0977.6057.6054941791.7418.5147571.03568.872
A154.6217.7317.7315031791.7628.6487661.04768.872

C155.4597.7737.7735051871.7838.6987741.05568.872
23 B157.5617.8787.8785091911.8068.8257821.06568.872
A159.6677.9837.9835191961.8258.9497981.08668.872

C161.7708.0898.0895281971.8559.0628061.09768.872
24 B163.7658.1888.1885331981.8809.1978121.10868.872
A165.8678.2938.2935412031.9019.3158221.12168.872

C167.8668.3938.3935442031.9269.4448321.13568.872
25 B170.4938.5258.5255622051.9549.5548521.16068.872
A173.0168.6518.6515692071.9989.7638751.19368.872

C175.8548.7938.7935732112.0349.9418811.20168.872
26 B178.5858.9298.9295862122.06310.0888971.22368.872
A181.1109.0569.0565942182.10110.2839111.24368.872

C184.2629.2139.2136112262.14310.4839311.27268.872
27 B186.8879.3449.3446172272.16610.6349481.29368.872
A189.5179.4769.4766222292.20810.7999591.30868.872

C192.2509.6139.6136352372.24010.9729791.33568.872
28 B195.4039.7709.7706452402.27611.1549971.35468.872
A198.3499.9179.9176612432.31411.3341.0061.37468.872

C201.50010.07510.0756682442.35011.5261.0231.39368.872
29 B204.65510.23310.2336832472.39011.7111.0391.41868.872
A207.91310.39610.3966892582.43011.9041.0561.44068.872

Técnicos e administrativos.

Valores unitarios.

Relacións Indust.: 2-1-1997.

Nivel

grao

Soldo base

(mensual)

Quinquenio

(mensual)

Trienio

(mensual)

Quendas

(V. día)

Nocturnidade

(V. hora)

Plus Ret.

(V. día)

Compl.

Ret.

(mensual)

Plus vacacións

Bolsa

vacacións

D. Natur.D. Labor.

C146.4227.3217.3214751751.6678.13073299968.672
41 B147.9987.4007.4004771771.6888.2357361.00568.872
A149.6817.4847.4844861781.7058.3627481.01868.872

C150.8387.5427.5424911781.7228.4187521.02268.872
42 B152.8367.6427.6424991791.7458.5367591.03668.872
A154.3047.7157.7155031791.7628.6327661.04768.872

C155.4597.7737.7735051871.7838.6987741.05568.872
43 B157.5617.8787.8785091911.8068.8257821.06568.872
A159.6677.9837.9835191961.8258.9497981.08668.872

C161.9778.0998.0995311971.8619.0908081.10268.872
44 B164.2908.2158.2155351981.8889.2458201.11768.872
A166.4998.3258.3255422031.9209.3848321.13568.872

C169.9688.4988.4985622051.9629.5878521.16068.872
45 B172.5958.6308.6305672071.9969.7408651.18268.872
A175.2258.7618.7615722112.0259.9058771.19968.872

Nivel

grao

Soldo base

(mensual)

Quinquenio

(mensual)

Trienio

(mensual)

Quendas

(V. día)

Nocturnidade

(V. hora)

Plus Ret.

(V. día)

Compl.

Ret.

(mensual)

Plus vacacións

Bolsa

vacacións

D. Natur.D. Labor.

C178.1678.9088.9085862122.05310.0338971.22368.872
46 B181.7399.0879.0875962182.10510.3129161.25268.872
A185.1039.2559.2556112262.15210.5309321.27668.872

C189.5179.4769.4766222292.20810.7999591.30868.872
47 B192.6719.6349.6346392372.24811.0009791.33368.872
A196.1389.8079.8076512422.28011.1879991.35668.872

C201.50010.07510.0756682442.35011.5151.0231.39368.872
48 B204.65510.23310.2336832472.38511.6971.0391.41868.872
A208.12110.40610.4066922582.43811.9261.0571.44268.872

C212.43510.62210.6227092592.49112.1961.0771.46868.872
49 B216.74410.83710.8377222662.54712.4741.1031.50468.872
A221.15711.05811.0587412742.60212.7511.1271.53968.872

C230.40711.52011.5207532762.73313.4071.1531.57068.872
60 B235.03111.75211.7527692812.79613.6911.1771.60468.872
A239.76011.98811.9887852942.84913.9771.1991.63568.872

Técnicos e administrativos.

Valores anuais.

Relacións Indust.: 2-1-1997.

Nivel

grao

Soldo base

(14 pagas)

Quinquenio

(14 pagas)

Trienio

(14 pagas)

Quendas

(237 días)

Nocturnidade

(584 horas)

Plus Ret.

(43,5 días)

Compl.

Ret.

(12 pagas)

Plus vacacións

Bolsa

vacacións

D. Natur.D. Labor.

C2.049.908102.494102.494112.575102.20072.51597.56073299968.672
41 B2.071.972103.600103.600113.049103.36873.42898.8207361.00568.672
A2.095.534104.776104.776115.182103.95274.168100.3447481.01868.672

C2.111.732105.588105.588116.367103.95274.907101.0167521.02268.672
42 B2.139.704106.988106.988118.263104.53675.908102.4327591.03668.672
A2.160.256108.010108.010119.211104.53676.647103.5847661.04768.672

C2.176.426108.822108.822119.685109.20877.561104.3767741.05568.672
43 B2.205.854110.292110.292120.633111.54478.561105.9007821.06568.672
A2.235.338111.762111.762123.003114.46479.388107.3887981.08668.872

C2.267.678113.386113.386125.847115.04880.954109.0808081.10268.672
44 B2.300.060115.010115.010126.795115.63282.128110.9408201.11768.672
A2.330.986116.550116.550128.454118.55283.520112.6088321.13568.672

C2.379.552118.972118.972133.194119.72085.347115.0448521.16068.672
45 B2.416.330120.820120.820134.379120.88886.826116.8808651.18268.672
A2.453.150122.654122.654135.564123.22488.088118.8608771.19968.672

C2.494.338124.712124.712138.882123.80889.306120.3968971.22368.672
46 B2.544.346127.218127.218141.252127.31291.568123.7449161.25268.672
A2.591.442129.570129.570144.807131.98493.612126.3609321.27668.672

C2.653.238132.664132.664147.414133.73696.048129.5889591.30868.672
47 B2.697.394134.876134.876151.443138.40897.788132.0009791.33368.672
A2.745.932137.298137.298154.287141.32899.180134.2449991.35668.672

C2.821.000141.050141.050158.316142.496102.225138.1801.0231.39368.672
48 B2.865.170143.262143.262161.871144.248103.748140.3641.0391.41868.672
A2.913.694145.684145.684164.004150.672106.053143.1121.0571.44268.672

C2.974.090148.708148.708168.033151.256108.359146.3521.0771.46868.672
49 B3.034.416151.718151.718171.114155.344110.795149.6881.1031.50468.672
A3.096.198154.812154.812175.617160.016113.187153.0121.1271.53968.672

C3.225.698161.280161.280178.461161.184118.886160.8841.1531.57068.672
60 B3.290.434164.528164.528182.253164.104121.626164.2921.1771.60468.672
A3.356.640167.832167.832186.045171.696123.932167.7241.1991.63568.672

Producc. e mantemento.

Valores anuais.

Relacións Indust.: 2-1-1997.

Nivel

grao

Soldo base

(14 pagas)

Quinquenio

(14 pagas)

Trienio

(14 pagas)

Quendas

(237 días)

Nocturnidade

(584 horas)

Plus Ret.

(43,5 días)

Compl.

Ret.

(12 pagas)

Plus vacacións

Bolsa

vacacións

D. Natur.D. Labor.

C2.049.908102.494102.494112.575102.20072.51597.56073299968.672
21 B2.071.958103.600103.600113.049103.36873.42898.8207361.00568.672
A2.092.566104.622104.622115.182103.36874.168100.1167481.01868.672

C2.101.414105.070105.070115.419103.95274.255100.5727491.02168.672
22 B2.129.358106.470106.470117.078104.53675.734102.1687571.03568.672
A2.164.694108.234108.234119.211104.53676.647103.7767661.04768.672

C2.176.426108.822108.822119.685109.20877.561104.3767741.05568.672
23 B2.205.854110.292110.292120.633111.54478.561105.9007821.06568.672
A2.235.338111.762111.762123.003114.46479.388107.3887981.08668.872

C2.264.780113.246113.246125.136115.04880.693108.7448061.09768.672
24 B2.292.710114.632114.632126.321115.63281.780110.3648121.10868.672
A2.322.138116.102116.102128.217118.55282.694111.7808221.12168.672

C2.350.124117.502117.502128.928118.55283.781113.3288321.13568.672
25 B2.386.902119.350119.350133.194119.72084.999114.6488521.16068.672
A2.422.224121.114121.114134.853120.88886.913117.1568751.19368.672

C2.461.956123.102123.102135.801123.22488.479119.2928811.20168.672
26 B2.500.190125.006125.006138.882123.80889.741121.0568971.22368.672
A2.535.540126.784126.784140.778127.31291.394123.3969111.24368.672

C2.579.668128.982128.982144.807131.98493.221125.7969311.27268.672
27 B2.616.418130.816130.816146.229132.56894.221127.6089481.29368.672
A2.653.238132.664132.664147.414133.73696.048129.5889591.30828.672

C2.691.500134.582134.582150.495138.40897.440131.6649791.33568.672
28 B2.735.642136.780136.780152.865140.16099.006133.8489971.35468.672
A2.776.886138.838138.838156.657141.912100.659136.0081.0061.37468.672

C2.821.000141.050141.050158.316142.496102.225138.3121.0231.39368.672
29 B2.865.170143.262143.262161.871144.248103.965140.5321.0391.41868.672
A2.910.782145.544145.544163.293150.672105.672142.8481.0561.44068.672

HORAS EXTRAORDINARIAS

(Valores provisionais)

Producción e mantemento

Relacións Indust.: 2-1-1997

Nivel

Grao

Valor baseV. hora 75%OrdinariaNocturnaFestivaFest./Noct.

C785,791.3751.3751.5501.5841.759
21 B794,991.3911.3911.5681.6021.779
A804,191.4071.4071.5841.6201.797

C807,891.4141.4141.5921.6271.805
22 B820,031.4351.4351.6141.6531.832
A833,621.4591.4591.6381.6791.858

C839,181.4691.4691.6561.6911.878
23 B851,951.4911.4911.6821.7171.908
A866,471.5161.5161.7121.7441.940

C875,931.5331.5331.7301.7651.962
24 B888,811.5551.5551.7531.7901.988
A899,861.5751.5751.7781.8122.015

C912,771.5971.5971.8001.8382.041
25 B920,131.6101.6101.8151.8542.059
A944,061.6521.6521.8591.9022.109

C960,631.6811.6811.8921.9352.146
26 B975,111.7061.7061.9181.9642.176
A991,901.7361.7361.9541.9982.216

Nivel

Grao

Valor baseV. hora 75%OrdinariaNocturnaFestivaFest./Noct.

C1.010,311.7681.7681.9942.0362.262
27 B1.025,031.7941.7942.0212.0652.292
A1.041,541.8231.8232.0522.0992.328

C1.058,161.8521.8522.0892.1322.369
28 B1.076,551.8841.8842.1242.1682.408
A1094,951.9161.9162.1592.2052.448

C1.113,361.9481.9482.1922.2422.486
29 B1.131,741.9811.9812.2282.2792.526
A1.150,162.0132.0132.2712.3172.575

HORAS EXTRAORDINARIAS

(Valores provisionais)

Producción e administrativos

Relación Indust: 2-1-1997

Nivel

Grao

Valor baseV. hora 75%OrdinariaNocturnaFestivaFest./Noct.

C785,791.3751.3751.5501.5841.759
41 B794,991.3911.3911.5681.6021.779
A806,051.4111.4111.5891.6241.802

C811,541.4201.4201.5981.6351.813
42 B822,601.4401.4401.6191.6581.837
A831,801.4561.4561.6351.6761.855

C839,141.4681.4681.6551.6911.878
43 B852,021.4911.4911.6821.7171.908
A864,921.5141.5141.7101.7421.938

C877,761.5361.5361.7331.7691.966
44 B892,501.5621.5621.7601.7981.996
A905,391.5841.5841.7871.8242.027

C925,621.6201.6201.8251.8652.070
45 B940,361.6461.6461.8531.8952.102
A956,951.6751.6751.8861.9282.139

C966,011.6911.6911.9031.9472.159
46 B995,581.7421.7421.9602.0052.223
A1.015,821.7781.7782.0041.0472.273

C1.041,541.8231.8232.0522.0992.328
47 B1.061,821.8581.8582.0952.1392.376
A1.080,211.8901.8902.1322.1752.417

C1.111,501.9451.9452.1892.2392.483
48 B1.129,891.9771.9772.2242.2752.522
A1.151,962.0162.0162.2742.3212.579

C1.177,792.0612.0612.3202.3732.632
49 B1.203,512.1062.1062.3722.4252.691
A1.229,322.1512.1512.4252.4772.751

C1.255,062.1962.1962.4722.5382.814
60 B1.280,812.2412.2412.5222.5912.872
A1.306,602.2872.2872.5812.6432.937

TÁBOA DE PLUSES VARIOS

(Valores provisionais)

Relac. Indust.: 2-1-1997

Importe

ConceptoPto. de traballoNivelPtas./Ude.Ptas./mes

Especialista de Mto.2241,66

Mantedor «C»2249.03

Plus destacadoSoldador «A»2447,36

Mantedor «B»2562,12

Soldador «B»2562,12

Mantedor «A»2665,37

Plus bombeirosVarios6.305

Plus radiactividadeVarios6.305

Plus gammagrafíaVarios157

ANEXO II

CADRO DE CLASIFICACIÓN PROFESIONAL

Nivel

funcional

Grupo

técnico

Grupo

empregados

Grupo

obreiros

I
II
IIIEncargado

Oficial de 1ª administrativo

Tec. de organización de 1ª

Delineante de 1ª

Analista de 1ª

Oficiais de 1ª

Xefes de equipo

Nivel

funcional

Grupo

técnico

Grupo

empregados

Grupo

obreiros

IVAnalista de Lab. de 2ª

Oficial de 2ª administrativo

Auxiliar administrativo

Reprod. e Arquiv. planos

Delineante de 2ª

Cabo gardas

Técnico organización 2ª

Oficiais 2ª

Oficiaies 3ª

Conductor máquinas móbiles

Especialistas (cualificados)

VTelefonista

Dependente economato

Auxiliar técnico

Ordenanza

Conductor

Vixilante

Especialistas (non cualificados)

Todolos postos de xefes de equipo pertenecerán ó nivel III do grupo que lles corresponda, aínda que na actualidade teña a categoría de especialista.

Para efectos desta nova clasificación se entenderán especialistas non cualificados os postos de traballo con niveis salariais inferiores ó 24.

ANEXO III

Revisión 12/95

Comisión atencións sociais

e capacidade diminuída

ESTATUTOS

Capítulo I

Obxecto

Artigo 1º.-Obxecto.

De acordo co artigo 24 do 10º convenio colectivo da Unidade de Traballo das Empresas Aluminio Español, S.A. e Alúmina Española, S.A. e co fin de atender aqueles conceptos asistenciais non incluídos expresamente no dito convenio, mantense a comisión para atencións sociais e capacidade diminuída que se encargará da recollida, tramitación e se é o caso, concesión de axuda económica con cargo ó fondo que se expresa no dito artículo.

Capítulo II

Composición da comisión

Artigo 2º.-Composición.

A comisión de atencións sociais estará composta por:

-3 representantes do persoal, elixidos polo comité de empresa.

-1 empregado de servicios sociais

-1 médico do servicio médico de empresa

-1 representante da dirección.

De entre os membros que compoñen esta comisión, elixirase un secretario e un presidente.

Artigo 3º.-Fondos.

Estarán constituídos por:

a) Unha contribución mensual por cada traballador consistente nun 0,4% das súas percepcións reais mensuais, excluídas horas extraordinarias.

b) Igual contribución pola empresa que será incrementada nun 0,2% sempre que o índice de absentismo por enfermidade, nos tres meses anteriores sexa igual ou inferior ó 3%. Se o dito índice de absentismo estivese comprendido, no mesmo período, entre 3% e o 4,75%, o 0,2% a que se fixo referencia aplicarase exclusivamente sobre soldo ou salario base mensual, deixándose de achegar cando o referido índice de absentismo por enfermidade exceda do 4,75%.

Para estes efectos, o cálculo do índice de absentismo efectuarase da forma seguinte:

1 ABS = ((Horas perdidas enfermidade)/(Horas de traballo teóricas)) x 100

Das cantidades recadadas segundo os apartados a e b, reservarase o 3% da recadación mensual do achegado pola empresa e traballadores a axudas de estudios, e seguindo criterios históricos, destínase o resto (97%) , da seguinte forma, o 75% para o pagamento das ILT, e o outro 25% ó pagamento das axudas sociais

c) Unha contribución adicional por parte da empresa e o traballador dun 0,2% das percepcións reais mensuais, excluídas horas extraordinarias.

Esta contribución adicional irá destinada exclusivamente para o pagamento dos complementos de ILT e pagas extraordinarias.

d) Se houbese un excedente ó final do ano, do total da recadación devolveráselle a cada parte, na proporción achegada, ou utilizarase para minora-la contribución do ano seguinte.

Se polo contrario, ó finaliza-lo ano, a cantidade complementaria achegada non fose suficiente, incrementarase na contía necesaria e na proporción pactada.

O traballador recuperará a contribución adicional do 0,2% no caso de que o índice de absentismo non supere a taxa anual do 3,5%. Para o cómputo da dita taxa tomarase como data de inicio ou referencia a do mes de agosto/95.

Cadro resumo

I. Recadación:

-0,4% empresa e traballadores

-0,2% empresa

-0,2% empresa e traballadores

II. Distribución:

De cantidades A + B

3% = axuda estudios

97 % restante

Criterios históricos:

75% = ILT/extras

25% = axudas sociais

100% de C = ILT/extras

III. Devolucións:

1. Fin de ano

A + B (ILT) = exceso = Devol. sobre % empresa /traballadores

Déficit = Contrib. adicional sobre % empresa/traballadores

2. C = Cando absentismo < 3,5% anual = Devol. 0,2% traballadores

e) Calquera outra cantidade que puidese recadarse

Recoñéceselle á empresa a facultade de cesar na súa contribución se os fondos fosen destinados a fins distintos ós que se recollen nos aludidos estatutos.

Artigo 4º.-Movemento de fondos.

Efectuaranse a través da comisión de atencións sociais co servicio de nóminas.

Artigo 5º.-Períodos de carencia.

Os beneficios económicos producirán efecto desde o momento do ingreso no fondo de axuda social, sendo obrigatorio a el.

Artigo 6º.-Axudas a fondo perdido.

Transitoriamente e mentres que a Administración, a empresa ou calquera outro organismo, non se faga cargo, concederanse as seguintes axudas, logo de petición do propio interesado:

1. Derivadas de incapacidade por enfermidade común

Con cargo ó fondo de axuda, o traballador en situación de baixa por enfermidade percibirá as axudas ou complementos ás prestacións da Seguridade Social que se detallan:

-Unha axuda, equivalente ó salario base, antigüidade e complemento de posto (de cantidade e/ou calidade) de ata tres días por cada ano natural, aplicable ós tres primeros días de baixa, independentes ou acumulados.

-Un complemento diario á prestación económica da Seguridade Social ou empresa, a partir do cuarto día de baixa, ata alcanza-lo importe do salario base, antigüidade e complementos de posto (de cantidade e/ou calidade) .

-Se a enfermidade padecida comporta internamento sanatorial ou hospitalario, o complemento percibirase desde o primeiro día.

-O cobramento dos complementos de posto está supeditado a que o índice de absentismo por enfermidade, nos tres meses anteriores, non supere o 3,75% e a que, obviamente, o fondo de axuda conte, de acordo co establecido no artigo 3, con liquidez suficiente para facer fronte ó pagamento das ditas axudas.

Así mesmo, a comisión poderá denega-lo outorgamento de axudas por ILT se durante o período de duración dela se comproba que a súa conducta é incompatible coa recuperación da enfermidade. Para tal efecto, a comisión de atencións sociais rexerase polo regulamento que, como anexo I, se xunta a estes estatutos.

2. Invalidez provisional derivada de enfermidade común.

Durante a situación de invalidez provisional derivada de enfermidade común, o traballador terá dereito a percibi-la diferencia entre a prestación derivada da dita continxencia e o salario mensual base máis antigüidade.

Esta diferencia non abarcará as gratificacións extraordinarias establecidas en convenio.

3. Axudas para gastos médicos excepcionais.

-O empregado que, esgotada a vía da Seguridade Social, deba efectuar uns gastos médicos de carácter excepcional debidamente xustificados, poderá solicitar unha axuda cunha contía que será designada en cada momento pola comisión.

-Así mesmo, cando se xustifique a necesidade de acompañar a un beneficiario ingresado nunha entidade sanitaria, poderá solicitar unha axuda dos gastos ocasionados a partir do oitavo día de internamento. O 70% do importe total, sempre que este non exceda da cantidades indicadas a continuación.

-Comidas/aloxamento (día): 5.850

-Desprazamento ida/volta (1 viaxe): 3.840

-Ante tratamentos especiais (drogadicción, alcoholismo e outras situacións límites), e/ou de longa duración especialmente custosos, a comisión poderá estudia-la concesión de axudas excepcionais.

-Non serán previstas as axudas médicas cun custo total que non exceda de 7.000 ptas.

4. Ortodoncia

Nos casos de ortodoncia en idade pediátrica (ata 16 anos), logo de informe médico que xustifique a necesidade, poderá ser concedida unha axuda de ata o 50% do importe total, que se aboará segundo presentación de facturas e orzamento total da forma seguinte:

-Primeiro pagamento: entrada = 16% do orzamento como máximo.

-Resto: en mensualidades de acordo coa duración do proceso.

En ningún caso se aboarán facturas acumuladas.

Ortopedia

Nos casos de próteses artificiais, prescritas polo médico especialista, será subvencionado polo fondo o non previsto pola Seguridade Social, ata un 25% do importe total.

5 Óptica e aparellos auditivos.

O 75% do importe total, sempre que este non exceda das cantidades indicadas a continuación:

-Lentes ou lentes de contacto: 18.000.

-Audífonos: 50.000

A reposición de lentes ou lentes de contacto só se aboará novamente cando transcorrese un prazo mínimo de 5 anos do pagamento das anteriores, e a reposición

de cristais, un prazo de 2 anos para os adultos. Nos casos dos menores de 12 anos, o prazo será de 3 anos para lentes e 1 ano para nova graduación e/ou reposición de cristais.

-Cristais normais: 3.500.

-Cristais bifocais: 4.500.

6 Outros tipos de axuda

Nos casos non recollidos nos puntos anteriores, esta comisión poderá conceder axudas de tipo excepcional, logo de xustificación da necesidade.

Analizaranse tódalas peticións que se presenten, realizando unha orde de prioridades de acordo co:

1º Urxencia e necesidade da axuda solicitada.

2º Cantidade dela.

3º A non inclusión do problema polo que se pide axuda noutros organismos (Seguridade Social, Xunta de Galicia, Deputación, etc.)

7. Complemento de natalidade

Como complemento ás asignacións que calquera organismo poida conceder, asígnase a cantidade de 6.000 ptas. por nacemento ou adopción dun fillo.

8. Complemento de nupcialidade

Como complemento ás asignacións que calquera organismo poida conceder, asígnase a cantidade de 10.000 ptas. por matrimonio.

9. Complemento por falecemento

Como complemento ás asignacións que calquera organismo poida conceder, asígnase a cantidade de 85.000 ptas. Concederanse exclusivamente nos seguintes supostos:

a) Falecemento do empregado.

b) Falecemento do seu cónxuxe ou compañeiro/a.

c) Falecemento dun fillo, incluído como beneficiario da Seguridade Social, ou calquera outro beneficiario incluído na súa cartilla da Seguridade Social.

10. Estudios de empregados

Os empregados da empresa poderán solicitar axudas para carreiras medias ou superiores, polo 75% de gastos de matrícula, máis 25.000 ptas. por unha soa vez por curso.

11. Estudios de fillos de empregados.

-Axuda de estudios=carreiras medias ou superiores

O fondo de axuda, sempre que dispoña de recursos suficientes, dedicará unha cantidade que non poderá ser superior á achegada pola empresa por curso escolar para a concesión de axudas a fillos de empregados que estean cursando carreiras medias ou superiores.

Para este fin a comisión mensualmente reterá ata o 3% do achegado pola empresa e traballadores, devolvendo ó fondo a cantidade sobrante de cada exercicio.

Esta cantidade verase incrementada polo importe da axuda que, para este fin, ingrese a empresa cada ano no fondo de axuda, ó seu exclusivo cargo, en función do pactado en convenio colectivo. (2.800.000 ptas. para ano 1995).

Os criterios de concesión, salvo casos excepcionais, debidamente acreditados, serán os seguintes:

a) Para solicita-la axuda de estudios por primeira vez, así como os cambios de carreira, será necesario presentar un plan de estudios da carreira que se vai realizar.

b) Ter superado o 65% do total de disciplinas dos cursos anteriores ó que se solicita a axuda. En todo caso o número de axudas, non poderá ser maior ó número de cursos do plan de estudios presentado.

c) Xustificante oficial de matrícula, que abarcará polo menos, ó 75% da media de asignaturas ou créditos do plan de estudios por curso.

d) Certificados/Notas académicas oficiais do curso/s anterior/es.

e) Aplicarase o reparto directo en caso de solicitar máis dunha axuda e sempre que reúna os requisitos exigidos.

f) As solicitudes de axudas deberán estar en poder da Secretaría de Atencións Sociais, antes do 31 de outubro do ano en que se inicie o curso.

A documentación que quede pendente presentarase como máximo diez días hábiles despois do peche de matrículas.

12. Estudios e tratamento de educación especial.

Cando o beneficiario dun empregado, polas súas condicións psíquicas ou físicas, precise un tratamento de educación especial e esgotase as posibilidades que a Administración ten previstas, a comisión, unha vez estudiado o caso, promoverá as accións que considere ou asignará unha subvención económica ó longo do tratamento, que pode alcanza-lo 100 dos gastos que se ocasione.

13. Límites máximos de presentación de solicitudes.

O límite máximo para presenta-las solicitudes, fíxase en tres meses a partir do feito causante.

Presentaranse para as axudas que así o requiran facturas orixinais e copias delas.

14. Incrementos económicos.

As axudas a fondo perdido incrementaranse periodicamente na medida ou na porcentaxe en que o faga o convenio colectivo.

Artigo 7º.-Axudas de carácter retornable.

1. Axuda de carácter excepcional por infortunio:

Nos casos de infortunio por circunstancias excepcionais que supoñan perda de bens ou útiles materiais primarios, o traballador poderá solicitar unha axuda económica para a reposición dos ditos bens.

A comisión, unha vez estudiado o caso, decidirá a axuda económica que se vai conceder así como o prazo máximo de amortización.

2. Demora de pensións de viuvez, orfandade e xubilación.

Cando un traballador ou os seus beneficiarios teñan dereito a pensión por xubilación, orfandade ou viuvez

e en tanto queda regulada a súa situación, o interesado poderá solicitar da comisión o anticipo das mensualidades previstas, que serán devoltas no momento de serlle feito efectivo o cobramento das pensións ou, se é o caso, a percepción do seguro de vida.

Artigo 8º.-Préstamos.

A concesión de préstamos e o fondo será o que se pacte en convenio.

Os préstamos que non poidan ser concedidos durante a vixencia do convenio en que se solicitaron, pasarán a aterse pola normativa do novo convenio.

Artigo 9º.-Exclusións.

Esta comisión desestimará calquera tipo de petición que se aparte do espírito dos seus estatutos e do fin social para o que foi creada.

Así mesmo, esta comisión desestimará aquelas peticións que consideradas por outros organismos, non esgotasen a canle que as ditas entidades teñan establecidas.

Artigo 10º.-Prioridades.

Dado que os recursos económicos desta comisión son limitados, poderá ser establecida unha orde de prioridades, que será factible de variación de acordo cos recursos e necesidades dese momento.

Artigo 11º.-Acordos e recursos.

1. Acordos.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría absoluta. En caso de empate, o presidente disporá de voto de calidade.

2. Recursos.

Contra os acordos da comisión, poderase elevar recurso ante o comité de empresa no prazo de 15 días contados desde a recepción do acordo polo ou os interesados, o cal, unha vez oída a comisión emitirá a resolución, que terá carácter inapelable.

Capítulo IV

Normas de funcionamento

Artigo 12º.-Reunión da comisión.

1. De carácter ordinario.

A comisión, para o desenvolvemento de sus funcións, reunirase con carácter ordinario o día 20 de cada mes. No caso de coincidencia con festivo farao no día inmediato anterior laborable.

2. De carácter extraordinario.

Ante unha petición de axuda de carácter urxente ou excepcional esta comisión poderá reunirse con carácter extraordinario.

Artigo 13º.-Presentación de solicitudes de axuda.

As solicitudes de axuda presentaranse en impresos normalizados a través da secretaría do comité de empresa ou de atencións sociais.

Cando proceda, xuntarase á dita solicitude un informe do servicio médico.

As ditas solicitudes deberán constar en poder do secretario da comisión para atencións sociais 48 horas antes das reunións periódicas desta comisión.

Artigo 14º.-Resolución e aboamento de solicitudes de axuda.

A comisión, unha vez reunida, comunicaralle ó interesado a resolución adoptada, sobre a súa solicitude de axuda, -aprobación ou denegación dela -, notificándolle así mesmo o momento en que se efectuará o seu aboamento.

Artigo 15º.-Funcións do presidente e do secretario.

a) Do presidente.

Serán funcións do presidente:

1) Presidi-las reunións.

2) Da-lo visto e prace ás axudas concedidas ou denegadas.

b) Do secretario.

Serán funcións do secretario:

1) Convoca-las reunións.

2) Levanta-las actas de cada reunión.

3) En xeral, terá ó seu cargo a organización dos traballos propios da secretaría.

Artigo 16º.-Renovación de cargos.

A renovación dos membros que compoñen a comisión de atencións sociais realizarase cada vez que existan eleccións para membros do comité de empresa.

Capítulo V

Duración e disolución

Artigo 17º.-Duración.

A existencia da comisión para atencións sociais será indefinida, salvo que, por convenio ou acordo entre o comité de empresa e a dirección da empresa, se decida a súa disolución.

As axudas indicadas neste estatuto entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 18º.-Disolución.

No suposto de que por calquera circunstancia se disolvese esta comisión, a súa disolución levarase a efecto en canto á forma de acordo coas disposicións legais en vigor, e respecto ó destino dos fondos sociais, tódolos empregados participantes consideraranse como acredores nese momento.

ANEXO IV

Regulamento de obrigas de beneficiarios

de axudas por ILT

Obxecto.

O presente regulamento ten por obxecto, en consonancia co pactado en convenio, facilita-lo cumprimento dos cometidos da comisión de atencións sociais, evitando no posible situacións de abuso ou mal uso por parte dos beneficiarios.

Para tal efecto defínense:

Obrigas dos beneficiarios.

1. Proporciona-los datos e/ou informe que a comisión de atencións sociais ou servicio médico requira cando se estime necesario para o exercicio do seu cometido.

2. Notificar á comisión de atencións sociais as conductas ou actuacións irregulares que poidan observarse nos beneficiarios.

3. Someterse, en caso de baixa por enfermidade, a recoñecemento do médico de empresa cando a comisión o entenda posible e necesario. Neste caso os gastos de desprazamento, de producirse, serían por conta do servicio médico.

4. Evitar expresamente, en caso de baixa por enfermidade, actuacións, como as seguintes:

a) Simular supostas enfermidades, e/ou prolongalas utilizando medios distintos ós prescritos polos médicos da Seguridade Social ou médico de empresa.

b) Falsea-las declaracións que se formulen ou achegar datos inexactos.

c) Traballar por conta propia ou allea.

d) Conductas contrarias ás recomendacións médicas que comporten un atraso ou impidan no enfermo o restablecemento de súa saúde.

Facultades da comisión de atencións sociais.

1. Recomendar, logo de asesoramento do médico de empresa, a incorporación ó traballo daqueles beneficiarios cun proceso de enfermidade que sexa compatible co desempeño do seu posto de traballo.

De non acepta-lo interesado a reincorporación, a comisión de atencións sociais poderá denega-la axuda económica correspondente.

2. Adopta-las decisións seguintes:

a) En caso de negativa ó recoñecemento médico descrito no punto 3:

-Interrompe-la axuda económica que corresponda.

b) En caso de incumprimento das obrigas descritas no punto 4:

-Apercibimento privado, consistente en comunicación verbal ou escrita.

-Apercibimento público, o grao de publicidade que proceda decidirao a comisión.

-Perda total ou parcial durante o período de baixa da axuda económica que lle corresponda.

-Devolución das cantidades percibidas, cando a concesión sexa motivada por algún dos supostos no apartado 4.

3019