Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa e procedemento restrinxido, da asistencia técnica de tratamento contra a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea Pity Ocampa Schiff) en 4.800 hectáreas de piñeirais da Comunidade Autónoma (0736).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa e procedemento restrinxido:

Obxecto: contratación da execución da asistencia técnica de tratamento contra a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea Pity Ocampa Schiff) en 4.800 hectáreas de piñeirais da Comunidade Autónoma (0736), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vinteoito millóns duascentas sesenta e sete mil duascentas sesenta pesetas (28.267.260 ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: un millón cento trinta mil seiscentas noventa pesetas (1.130.690 ptas.).

Clasificación: grupo III-06 ou 08-A.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1997.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación da documentación: a documentación (sobres A e B) que se específica no prego de cláusulas administrativas será entregada no rexistro xeral

da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 20 de maio de 1997.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-3065