Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto por trámite de urxencia para a contratación da subministración de equipos informáticos para este ente público.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.SUB-03/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de 15 ordenadores, 4 monitores, 1 plotter, 1 escanner e 1 táboa gráfica para o Ente Público Portos de Galicia.

b) Número de unidades que se ván entregar: 22.

c) Lugar de entrega: os especificados no prego de cláusulas particulares.

e) Prazo de entrega: 30 días naturais contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 80.000 pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 160.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás catorce horas do décimo terceiro día contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura da presentación das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do décimo día natural contado desde o seguinte ó fin do prazo de admisión de ofertas deste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do ente, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

3229