Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando porcino en maio, agosto e decembro de 1997.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica na realización dunha enquisa de efectivos de gando porcino en maio, agosto e decembro de 1997, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: catro millóns oitocentas corenta e tres mil pesetas (4.843.000 ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: cento noventa e tres mil setecentas vinte pesetas (193.720 ptas.).

Plazo de execución: o indicado no apartado 3 do prego de prescricións técnicas.

Clasificación: non é necesaria.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (Avda. San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 2 de xuño de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público, ás 13 horas do día 6 de xuño de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

3273