Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor do expediente 5.24/92-II, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en adiante R.C.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que figuran no expediente que coide oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 31 de marzo de 1997.

Alfonso Fernández Fernández

Instructor

ANEXO

Expediente número: 5.24/92-II

Denunciado/a: Perfecto Rey Cartea.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: rúa Pedro Alvarado, nº 3 4ª; 36207 Vigo.

Data do acordo: 29-1-1997.

Feitos: construcción dunha vivenda unifamiliar.

Lugar: Punta Area Brava-Vilanova-Ohío.

Concello: Cangas.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C. proponse a imposición a Perfecto Rey Cartea, dunha multa de un millón dezaseis mil duascentas oitenta e cinco pesetas (1.016.285 ptas), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091/05003110000186 da oficina principal da Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volve-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realiza-lo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia.

2995