Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997 pola que se corrixen erros na do 10 de marzo de 1997 pola que se anunciaba a licitación mediante concurso aberto para a redacción das directrices de ordenación do territorio de Galicia (información e diagnóstico).

Advertido erro na documentación que serve de base para o concurso publicado por Resolución do 10 de marzo de 1997 -DOCE do 20 de marzo de 1997, nº 56, páxina 149, número de documento 32076/97, BOE do 13 de marzo de 1997, número 62, páxina 4990 e DOG do 18 de marzo de 1997, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto da asistencia técnica. Directrices de ordenación do territorio de Galicia (información e diagnóstico), transcríbese a continuación a oportuna modificación:

Cláusula 1.2.5.2, sobre número 2, apartado 2, equipo técnico, subapartado 3, parágrafo primeiro (páxina 8) do prego de cláusulas administrativas particulares:

Onde di: «Un enxeñeiro superior...»

Debe dicir: «...Un titulado superior...»

Data de envío do anuncio da presente corrección de erros á Oficina des Publications Officielles des Comunautes Europeens: vintecatro (24) de abril de 1997.

Data límite de presentación de proposicións: dezaseis (16) de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Data, hora e lugar de apertura de proposicións: en acto público, o día 23 de xuño de 1997 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2994