Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras RC-OUR-97.02 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expedientes: RC-OUR-97.02, RC-0UR-97.05 e RC-OUR-97.07.

2. Obxecto dos contratos.

a) Acondicionamento da estrada OUR-212 Beariz-Beade, entre o p.k. 0+000 e p.k. 15+000. Concellos de Beariz e Avión.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.02.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Orzamento base de licitación: 49.985.526 ptas.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

b) Reforzo de firme na N-540 (A). Variante de Barbadás. Concello de Barbadás.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.05.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Orzamento base de licitación: 22.917.441 ptas.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

c) Acondicionamento da estrada OUR-103, entre o p.k. 1+225 e o p.k. 5+000. Treito: Maceda-Os Milagres. Concellos de Maceda e Baños de Molgas.

Nº de expediente: RC-OUR-97.07.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Orzamento base de licitación: 24.906.166 ptas.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32701.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

c Telefax: (988) 32 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará as doce horas do vixésimo sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32701 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

9. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 21 de abril de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

3315