Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA de notificación da resolución recaída no expediente sancionador 10.8/93 II (B), por infracción á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en adiante L.C.) e o seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en adiante R.C.).

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 31 de marzo de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO

Expediente número: 10.8/93 II (B).

Denunciado: Antonio Rozas Vigo.

Último enderezo coñecido: r/ Avda. de Lugo, nº 141, Santiago de Compostela.

Feitos sancionados: construcción dun galpón habitacional.

Lugar: praia da Aguieira.

Concello: O Grove.

Preceptos infrinxidos: Arts. 25.1 a), 25.2 e 26.1 da L.C. e Art. 45.1 a), 46.1 e 48.1 do R.C.

Preceptos sancionadores: Arts. 90 c), 91.2 e) e 97.1 b) da L.C. e Arts. 174 c), 175.2 e) e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 217.097 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1 da L.C. e 179.1 do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.

3314