Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 3.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal, para a corrección de erros.

Visto o texto do acordo asinado o día 28 de febreiro de 1997, pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector do comercio do metal (código 2700185), da provincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios do Metal e das centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG e USO, mediante do que se acorda a emenda de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de marzo de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

En Lugo, sendo as 17.30 horas do día 28 de febreiro de 1997, reúnense nos locais da CEL (praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª pranta, Lugo) as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo, co obxecto de proceder á corrección dun erro detectado no texto do convenio colectivo vixente.

Despois das deliberacións oportunas adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Corrixi-lo erro cometido nos artigos 2º e 4º do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo de forma que se substitúe a referencia que se fai nos artigos mencionados ó acordo para a substitución da ordenanza de comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996 pola referencia á ordenanza de comercio de forma que os artigos 2º e 4º mencionados terán a seguinte redacción:

Artigo 2º.-No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectará a

tódalas empresas e ós cadros de persoal de traballadores a elas pertencentes, situadas na provincia de Lugo que se rexan pola ordenanza de comercio, e figuren encadradas, en canto a súa actividade se refire, no sector do metal. Exceptuaranse aquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo de empresa ou estean pendentes da súa aprobación.

Artigo 4º.-En todo o que non estea previsto no presente convenio continúan sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral da ordenanza laboral para o comercio, coas súas modificacións posteriores, e os regulamentos de réxime interno da empresa, respecto daquelas que os teñan vixentes.

Segundo.-Remitirlle o seguinte acordo de corrección de erro á autoridade laboral pertinente, para efectos da súa publicación.

E ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión no lugar e data indicados no encabezamento.

Asistentes.

-Pola Asociación de Empresarios do Metal:

Nivardo Rego Valle

José Quiñoa Díaz

Jesús Neira Mosquera

Luis Fernández Osorio

Juan Chousa Abuín

Lourdes García Regueira

Montserrat Pita Castro

-Polas centrais sindicais:

* UGT

Pedro González Sordo

Fernando Teijeiro Valledor

Andrés Parra Sánchez

José Luis Combarro Infantes

Jesús Barreiro Cendán

Carlos Moreno Otero

* CC.OO.

Manuel Cabo Martínez

Manuel Núñez López

* CIG

Miguel Brañas Méndez

Manuel García Cedrán

Javier Rico Núñez

Ignacio Javier García Gómez

Manuel Paz Flores

* USO

Jesús Cantero Pérez

Manuel Expósito López

2769