Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 3.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de abril de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Nenos Autistas e Psicóticos das Pontes de García Rodríguez.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Nenos Autistas e Psicóticos das Pontes de García Rodríguez en solicitude de autorización definitiva para a apertura e funcionamento do dito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Concede-la autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado de educación especial Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Nenos Autistas e Psicóticos das Pontes de García Rodríguez, segundo os datos que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: As Pontes de García Rodríguez.

Localidade: As Pontes de García Rodríguez.

Enderezo: Rúa dos Covelos, s/n.

Denominación específica: Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Nenos Autistas e Psicóticos.

Titular: Asociación de Padres de Niños Autistas y Psicóticos de la Provincia de A Coruña.

Ensinanzas que se autorizan: educación especial.

Número de unidades: 1 de autistas.

3129