Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (156/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela. Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 156/1995, se seguen autos de xuízo de cognición, por instancia da procuradora María Soledad Sánchez Silva, en representación de Camilo Carballal, S.L., contra José Miras Blanco, en reclamación de cantidade, nestas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración pericial os seguintes predios embargados ó demandado:

Todos eles están situados na parroquia de San Xoán de Calo, concello de Padrón.

1. Boliño, toxeira que ocupa unha extensión de 28 áreas e 10 centiáreas e linda: norte e sur, valado; leste, Obdulia Domínguez Conde e oeste, Josefina González Edreira e outro. Prezo de valoración 421.500 ptas.

2. Boliña, toxeira que ocupa a extensión de 3 áreas e linda: norte, valado; sur, Mª Isabel Suárez e outra; leste, José Ramón Otero e oeste, herdeiros de Chaves de Texexe. Prezo de valoración 37.500 ptas.

3. Sosibeiro, toxeira que ocupa a extensión dunhas 4 áreas e 30 centiáreas e linda: norte, herdeiros de Manuel Míguez; sur, Ernesto Lata Edreira; leste, María Fernández e oeste, Arturo Giménez Noya. Prezo de valoración 53.750 ptas.

4. Pedralonga, toxeira que ocupa a extensión de 42 áreas e 95 centiáreas e linda: norte, Manuel García Tarrío; sur, Leoncio Touceda Raíces e outro; leste, valado e oeste, Leoncio Touceda Raíces. Prezo de valoración 536.875 ptas.

5. Campo Tuxil, toxeira que ocupa unha extensión dunha área e 30 centiáreas e linda: norte, Hortensia García Tarrío; sur, Avelino Brea Corral; leste, autoestrada A-9 e oeste, camiño. Prezo de valoración 26.000 ptas.

6. Cabanelas, toxeira que ocupa unha extensión de 6 áreas e 50 centiáreas e linda: norte, camiño; sur, herdeiros de Rogelio Puento e outros; leste,

Camilo Carballal, S.L. e oeste, Guillermo Rivadas. Prezo de valoración 113.750 ptas.

7. Devesiña, toxeira que ocupa unha extensión de 3 áreas e 75 centiáreas e linda: norte, Pedro Tarrío; sur, camiño; leste, Obdulia Domínguez Conde e oeste, Dorinda Iglesias. Prezo de valoración 45.625 ptas.

8. Costa Lixo, toxeira que ocupa unha extensión de 2 áreas e 80 centiáreas e linda: norte e sur, camiño; leste, ignórase e oeste, José Parajó. Prezo de valoración 49.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2 o próximo día 22 de maio ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o sinalado como prezo de valoración na descrición de cada un dos predios, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións do xulgado no BBV número conta 1592/14/156/1995 o 20% do remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas licitacións.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 26 de xuño, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo do remate que será do 75% do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 24 de xullo, tamén ás once horas, na que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o vinte de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2543