Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.956

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (318/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 318/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco de Asturias, S.A., contra Hotel Residencia La Rosaleda, S.L., Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e María Nely Costela Mazorro, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 23 de xuño de 1997, ás 10.15 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., número 1500-17-031895, unha cantidade igual, polo menos, o 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen o seu requisito non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa condición de cederlle-lo remate a terceiros.

Cuarto.- En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos de certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estará ó dispor do público na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houbese, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 21 de xullo de 12997, ás 10.15 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, e serán de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 23 de setembro de 1997, ás 10.15 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo; deberá consignar, quen desexe tomar parte nelas, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

Metade indivisa de rústica denominada Viña de Poula, parcelas 190 e 193 do polígono 31 de Valdepiñeiro, municipio de Vilafranca do Bierzo, de superficie de 1 hectárea, 14 áreas e 65 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo, no tomo 1.082, libro 79, folio 52, predio 9.849. Valor de taxación: 1.003.187 ptas. (un millón tres mil cento oitenta e sete pesetas).

Sírvalle o presente edicto de notificación en forma Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, en paradoiro descoñecido.

Dado en Santiago de Compostela o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3332