Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (34/1997-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do día de hoxe, dictada no expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 34/1997-3, por instancia de Jesús Manuel González Álvarez, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

-Casa número 31 moderno da Rúa do Medio desta cidade de Santiago de Compostela, de planta baixa e dous pisos altos, de 64 metros e 30 decímetros cadrados. Unida e accesoria unha horta de 2 cuartillos, e 4 quintos ou 75 centiáreas. Linda: dereita coa número 32 de Matías López Iglesias; esquerda,

a número 30 de Ramón Silva Redondo; costas, casa na Rúa de San Pedro, de Ramón Taboada e Antonio Villar; fronte, a rúa.

Polo presente edicto cítase a Francisca Varela Lamas, ós seus habentes causa e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no prazo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, trece de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

2599