Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.950

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Unemsa.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo Unemsa que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 2-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa o día 26-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicios de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de abril de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Asistentes:

-Comité de empresa:

José Vecino Seoane.

José Cundíns Ternande.

Antonio Sánchez Balsa.

Jesús Remuiñán Pérez.

-Empresa:

Roberto Tojeiro Díaz.

Marcelino Olcoz López.

Alfonso Blanco Figueiras.

ACTA

En Carballo, ás 17 horas do día vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e sete, reúnense os representantes do comité de empresa de Unemsa conxuntamente cos representantes da empresa.

Ámbalas partes, previa longa deliberación respecto do convenio colectivo da empresa Unemsa, chegaron ós seguintes acordos:

Primeiro.-Tódolos conceptos salariais se incrementarán no IPC de 1996 (3,2%).

Segundo.-Os demais termos do convenio quedan vixentes tal e como están xa establecidos.

Terceiro.-Os incrementos económicos derivados da aplicación do presente convenio aboaranse a partir do un de xaneiro de mil novecentos noventa e sete e faranse efectivos na nómina de marzo de 1997.

Ámbalas partes aproban unanimemente o convenio colectivo para a empresa Unemsa, asinándoo en proba de conformidade na data anteriormente indicada e facendo que se presente na Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para que sexa inserido no Diario Oficial de Galicia e BOP da Coruña.

Revisión ano 1997

Convenio colectivo de traballo de Unemsa

Convenio colectivo de traballo para aglomerados de madeira da empresa Unemsa

Revisión ó 1-1-1997 (en cumprimento artigo 5 do convenio).

Artigo 18º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios na contía de 4.665 ptas. mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezará a devengarse a partir do día 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpre o quinquenio.

Artículo 19º.-Pluses.

a) Plus de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de plus de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Plus de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 6.554 ptas.

c) Plus de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 22.529 ptas. mensuais.

d) Plus de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.385 ptas. mensuais.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.749 ptas. mensuais.

Artigo 26º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar e deduciráselle do importe total da comida a cantidade de 524 ptas. por seren estas aboadas pola empresa, a partir do 1 de xaneiro de 1997.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total que a empresa e o persoal teñen que satisfacer durante os dous anos de vixencia inicial do presente convenio.

No caso de se produci-la prórroga á que se refire o artigo 2, o incremento do IPC distribuirase entre a empresa e o persoal en proporción ós importes respectivos que deban satisfacer.

Artigo 32º.-Plus de locomoción.

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito plus estará referido a días efectivos de traballo polo que, de se producir algunha ausencia a este que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables deste, ata un máximo de 11.468 ptas.

Artigo 39º.-Transporte.

A empresa aboaralles, ós que teñan o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo, a cantidade de 8,79 ptas./km e figurará na nómina separado do plus de locomoción.

ANEXO I

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón96.5043.1741.389.663
Peón especialista97.3043.2011.401.180
Capataz peóns99.3853.2691.431.140
Axudante99.3853.2691.431.140
Oficial de segunda103.3013.3981.487.536
Oficial de primeira110.5573.6371.592.023
Xefe de equipo131.8984.3391.899.329
Xefe de quenda135.2384.4491.947.434
Encargado de sección138.6524.5611.996.593

Persoal mantemento
Aprendiz73.6632.4231.060.749
Oficial de terceira104.9083.4511.510.675
Oficial de segunda113.9733.7491.641.212
Oficial de primeira125.3684.1241.805.305
Xefe de equipo145.2654.7782.091.821
Xefe de taller186.2956.1282.682.642
Xefe de mantemento207.0436.8112.981.418

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza99.2563.2651.429.282
Porteiro/vixilante/garda/listeiro

/almaceneiro/chofer turismo

104.4503.4361.504.076
Conductor mecánico111.2443.6591.601.920

Persoal administrativo
Aspirante87.2632.8701.256.584
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.99.1453.2611.427.692
Oficial de segunda117.5893.8681.693.284
Oficial de primeira130.4994.2931.879.193
Xefe146.4124.8162.108.331
Xefe administrativo179.5025.9052.584.828

Persoal técnico
Analista99.2563.2651.429.282
Delineante117.5893.8681.693.284
ATS112.7413.7091.623.468
Perito133.2714.3841.919.109
Técnico proxectista135.8014.4671.955.533
Licenciado/enxeñeiro179.5025.9052.584.828

ANEXO II

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal fabricación
Peón7941.3891.587
Peón especialista8001.4001.600
Capataz peóns8091.4161.618
Axudante8091.4161.618
Oficial de segunda8461.4811.692
Oficial de primeira9041.5821.808
Xefe de equipo1.0441.8282.089
Xefe de quenda1.0731.8782.147
Encargado de sección1.0961.9182.192

Persoal mantemento
Aprendiz5921.0371.185
Oficial de terceira8461.4811.692
Oficial de segunda9141.6001.829
Oficial de primeira1.0101.7682.021
Xefe de equipo1.1782.0612.355
Xefe de taller1.4832.5952.966
Xefe de mantemento1.6732.9283.346

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza8081.4141.616
Porteiro/vixilante/garda/listeiro

/almaceneiro/chofer turismo

8541.4951.709
Conductor mecánico9261.6201.851

Persoal administrativo
Aspirante6961.2171.391
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.7871.3781.575
Oficial de segunda9351.6361.870
Oficial de primeira1.0381.8172.076
Xefe1.1632.0352.326
Xefe administrativo1.4222.4892.844

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal técnico
Analista7851.3741.571
Delineante9351.6361.870
ATS
Perito1.0561.8482.111
Técnico proxectista1.0791.8892.159
Licenciado/enxeñeiro1.4222.4892.844

2902