Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de vixilancia e control do público na Estación Marítima, Kiosco Alfonso e Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: As97/8.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e control do público na Estación Marítima, Kiosco Alfonso e Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.328.900 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 286.578 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial. grupo III, subgrupo 2, categoría a.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; rematará ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación

do servicio de vixilancia e control do público na Estación Marítima, Kiosco Alfonso e Casa da Cultura Salvador de Madariaga».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de abril de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

3177