Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto para a contratación do servicio de mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos. (C.P. 115/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos.

Orzamento: 5.250.000 pesetas (750.000 ptas./mes).

Garantía provisional: 105.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de vixencia do contrato: o contrato terá vixencia desde o día seguinte da súa sinatura, unha vez adxudicado, ata o 31 de decembro de 1997.

Calendario de entregas parciais: as intervencións de mantemento que se contratan por medio da presente resolución realizaranse á demanda do Servicio de Informática do Complexo Hospitalario, no horario que se establece no anexo I: prego de prescricións técnicas, adxunto, e con suxeición ós tempos de resposta e regras que figuran nese mesmo anexo I.

Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio da licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Nº OrdeCriterio de adxudicaciónPonderación

1ºCondicións de prestacións do servicio40 %

2ºCurrículo de empresa e persoal asignado ó contrato 30 %

3ºPrezo ofertado30 %

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de abril de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3187