Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público aberto, para a contratación da consultoría/asistencia consistente na enquisa ás empresas do sector pesqueiro e a estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

Entidade adxudicadora:

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expedientes: 97.05.0047.

Obxecto do contrato:

-Enquisa ás empresas do sector pesqueiro e a estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

-Prazo de execución: seis meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso público aberto.

Orzamento de licitación: 7.000.000 de pesetas.

Fianza provisoria: 140.000 pesetas.

Requisitos específicos do contratista: as condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores están recollidas no cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

Obtención de documentación e información. poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela, CP 15702. Tlf: 54 13 21, e Fax: 54 13 23.

Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, a proposición económica e as características técnicas segundo o disposto no prego de prescricións técnicas no prazo de 26 días contados a partir do seguinte o da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura das ofertas: o sexto día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h. e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

97-3159