Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

APROBACIÓN definitiva de normas subsidiarias de planeamento.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 15 de abril de 1997, acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a documentación integrante do documento de aprobación das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no DOG e o texto íntregro da normativa no BOP conforme o disposto no artigo 70.2 LBRL.

Terceiro.-Remitir copia do expediente administrativo completo e dous exemplares das normas subsidiarias de planeamento con tódolos planos e documentos que as integran á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño).

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do contencioso) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

A Veiga, 15 de abril de 1997.

Vicente García Carrasco

Alcalde

3175