Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 1 de abril de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas de expedientes sancionadores (PO-0100-1997 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a apertura dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar perante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-0100-1997.

Denunciado: Jesús Manuel Blach Castro.

Enderezo: Diego Carmona, 6, Baiona-Pontevedra.

Nº de expediente: PO-0101-1997.

Denunciado: José Antonio Pérez Mateo.

Enderezo: Xunqueira, 23, Meira-Moaña-Pontevedra.

Nº de expediente: PO-0106-1997.

Denunciado: José Pérez Martínez.

Enderezo: San Miguel de Oia, 50, Vigo-Pontevedra.

Vigo, 1 de abril de 1997.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2885